Francisco Cacharro Pardo

político español

Francisco Cacharro Pardo, nado en Guarromán (Xaén) o 16 de novembro de 1936 e finado o 8 de marzo de 2015[1], foi un político galego. Foi un dos homes fortes do Partido Popular de Galicia na provincia de Lugo durante boa parte do Fraguismo.

Modelo:BiografíaFrancisco Cacharro Pardo
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Guarromán, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 2015 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
4 de febreiro de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Senador de España
27 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Senador de España
29 de xuño de 1993 – 1 de setembro de 1996

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Senador de España
21 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Senador de España
15 de xullo de 1986 – 9 de febreiro de 1989

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Presidente da Deputación de Lugo
1983 – 2007
← Luís CordeiroXosé Ramón Gómez Besteiro →
Senador de España
18 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986

Circunscrición electoral: Lugo

Conselleiro da Xunta de Galicia
1982 – 1983
Senador de España
27 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Concelleiro Lugo
1979 – 2007
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

23 de xaneiro de 1978 – 1 de abril de 1983
Senador de España
13 de xullo de 1977 – 1 de febreiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, inspector de educación Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosFrancisco Cacharro Gosende Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1748159

Traxectoria

editar

Antes de entrar en política foi inspector xefe de ensino primario na provincia de Lugo (1973-1981). Omnipresente na política galega desde as posicións máis conservadoras de Galicia, é senador por Lugo desde 1977 a 2008, concelleiro de Lugo desde 1974 a 2007, foi conselleiro de Educación (1982-1983), presidente da Deputación de Lugo desde 1983 ata 2007. Para as eleccións municipais de 2007 Xosé Manuel Barreiro, vicepresidente do PPdeG e presidente do PP provincial de Lugo, anunciou que competiría nas eleccións internas do partido para ser o candidato á presidencia da Deputación Provincial de Lugo, o que se interpretou como unha desautorización da actual dirección do PP cara á súa política. Logo de deixar a presidencia da deputación luguesa mantivo enfrontamentos coa dirección do partido.

Home que non refusaba a polémica, chegou a desmarcarse dos dirixentes do PP galego nos seus últimos anos na Deputación. Mantivo enfrontamentos tanto con eles como co fiscal xefe de Lugo, Jesús Izaguirre, quen o 19 de maio de 2006 chegou a facer un rexistro na sede da Deputación polas presuntas irregularidades na contratación de obras, rexistro coñecido como 'operación Muralla'. En manifestacións realizadas en xaneiro de 2006 apoiou as declaracións do senador Carlos Benet no que equiparaba o entón presidente do goberno español José Luis Rodríguez Zapatero cun golpista.[2]


Predecesor:
non existía
  
Conselleiro de Educación
 
1982-1983
Sucesor:
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Predecesor:
Luís Cordeiro
  
presidente da deputación de Lugo
 
1983-2007
Sucesor:
Xosé Ramón Gómez Besteiro

Vida persoal

editar

O seu fillo, Francisco Cacharro Gosende, tamén se dedicou á política activa.

  1. Falece Cacharro Pardo, histórico barón do PP galego, nova aparecida en Praza Pública o 8 de marzo de 2015.
  2. Apoio de Cacharro ás declaracións de Carlos Benet. 20 minutos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar