Eleccións xerais de España de 1979
O 1 de marzo de 1979, os españois foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por segunda vez dende a Transición.

Nestas eleccións, Adolfo Suárez, con UCD, conseguiu unha ampla maioría, con 47 escanos de diferenza respecto á segunda forza máis votada, o PSOE.
Os resultados foron practicamente os mesmos que nas eleccións anteriores, celabradas dous anos antes. Soben todos os partidos nacionais, menos AP, que se presenta como Coalición Democrática.
A extrema dereita consegue por primeira e última vez un deputado no Congreso, na persoa de Blas Piñar.
- Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:
← Eleccións Xerais, 1 de marzo de 1979 → | ||||
Partido | Votos | % | Escanos | Dif. |
Unión de Centro Democrático (UCD) | 6 268 593 | 34,84 | 168 | +2 |
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 5 469 813 | 30,40 | 121 | +3 |
Partido Comunista de España (PCE) | 1 938 487 | 10,77 | 23 | +4 |
Coalición Democrática (CD) (Ahora Partido Popular) | 1 088 578 | 6,05 | 10 | -6 |
Convergència i Unió (CiU) | 483.353 | 2,69 | 8 | +8 |
Partido Nacionalista Vasco (PNV) | 296.597 | 1,65 | 7 | -1 |
Partido Socialista de Andalucía - Partido Andalucista (PSA-PA) | 325.842 | 1,81 | 5 | +5 |
Herri Batasuna (HB) | 172.110 | 0,96 | 3 | +3 |
Unión Nacional (UN) | 378.964 | 2,11 | 1 | +1 |
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | 123.452 | 0,69 | 1 | +1 |
Euskadiko Ezkerra (EE) | 85.677 | 0,48 | 1 | = |
Unión del Pueblo Canario (UPC) | 58.953 | 0,33 | 1 | +1 |
Partido Aragonés Regionalista (PAR) | 38.042 | 0,21 | 1 | +1 |
As eleccións en cifras editar
O 1 de marzo estaban inscritos no censo electoral 26 836 490 persoas, das cales un 68,04% votou e un 31,96% abstívose.
- Outras cifras:
- Votos válidos: 98,53%
- Votos nulos: 1,47%
- Votos a candidaturas: 99,68%
- Votos brancos: 0,32%