Unión Nacional (coalición)

Unión Nacional (UN) foi unha coalición política española de extrema dereita que se presentou ás eleccións xerais de 1979. Estaba formada por Forza Nova, Falange Española de las JONS, Círculos Doctrinales José Antonio, Comuñón Tradicionalista, Agrupación de Juventudes Tradicionalistas e Confederación Nacional de Excombatientes[1][2] e representaba ás forzas políticas defensoras do franquismo.

Unión Nacional
Coalición política de España
Unión Nacional (1979).svg
Dirixentes e organización
LíderBlas Piñar
Historia
Fundación1979
Disolución1982
Posicións políticas
IdeoloxíaFranquismo, Fascismo, Tradicionalismo
Representación
Eleccións xerais de España de 19791 (Madrid: Blas Piñar)

TraxectoriaEditar

Tiña como precedente á coalición Alianza Nacional 18 de Xullo, que se presentou ás eleccións de 1977 pero sen obter representación parlamentaria. Nas eleccións do 1 de marzo de 1979, as primeiras que tiveron lugar en España despois de ser aprobada a constitución de 1978 obtivo, en toda España, 378.964 votos (2,1%)[3] e un deputado na persoa de Blas Piñar.[4] O escano obtívose en Madrid con 110.730 votos (4'8%), pero obtivo porcentaxes significativas nas circunscricións de Toledo (7'31%),[5] Guadalaxara (6,65 %),[6] Cidade Real (4,11 %),[7] Santander (3,92 %),[8] Burgos (3,85 %)[9] e Valladolid (3,67 %).[10]

A relación entre os grupos que conformaron a coalición foi empeorando progresivamente[11] polo que se desfixo e xa non se presentou ás eleccións de 1982. Ningunha das formacións políticas integrantes puido, por separado, revalidar o escano obtido en 1979.

NotasEditar

  1. Rodríguez Jiménez (1994), p. 333
  2. Fernández Amador (2014), p. 884
  3. "Elecciones Congreso de los Diputados Marzo 1979". elecciones.mir.es (en castelán). Consultado o 30-10-2019. 
  4. "Juntas electorales provinciales". BOE (Madrid) (30): 2893. 3 de febreiro de 1979. 
  5. "Elecciones Generales Congreso 1979". datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 30-10-2019. 
  6. "Elecciones Generales Congreso 1979". datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 30-10-2019. 
  7. "Elecciones Generales Congreso 1979". datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 30-10-2019. 
  8. "Elecciones Generales Congreso 1979". datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 30-10-2019. 
  9. "Elecciones Generales Congreso 1979". datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 30-10-2019. 
  10. "Elecciones Generales Congreso 1979". datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 30-10-2019. 
  11. Rodríguez Jiménez (1991), p. 283

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fernández Amador, Mónica (2014). El poder municipal en Almería durante la transición a la democracia (en castelán). Almería: Universidad Almería. ISBN 978-8-41602-715-6. 
  • Rodríguez Jiménez, José Luis (1991). "Origen, desarrollo y disolución de Fuerza Nueva (una aproximación al estudio de la extrema derecha española)". Revista de estudios políticos (en castelán) (Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales) (73): 261–288. ISSN 0048-7694. 
  • Rodríguez Jiménez, José Luis (1994). Reaccionarios y golpistas: la extrema derecha en España: del tardofranquismo a la consolidación de la democracia, 1967-1982 (en castelán). Madrid: Editorial CSIC - CSIC Press. ISBN 978-8-40007-442-5.