Comuñón Tradicionalista Carlista

A Comuñón Tradicionalista Carlista (CTC) é un partido político español de ideoloxía carlista e tradicionalista constituído en 1986. Está presidida por María Cuervo-Arango Cienfuegos-Jovellanos e Javier Zazu Lafuente é o secretario xeral. O seu boletín oficial é Acción Carlista aínda que a súa publicación máis relevante é Ahora-Información que edita CTC-Cataluña. As mocidades da CTC agrúpanse na Asociación Cruz de Borgoña.

Comuñón Tradicionalista Carlista
Logo
AcrónimoCTC
Tipopartido político español
IdeoloxíaCarlismo, Foralismo, Traditionalism, Patriotismo e autoxestión
Data de fundación1986
Presidente/aTelmo Aldaz (en) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.carlistas.es
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fundouse en 1986 tras a celebración dun congreso de reunificación carlista que celebraron diversas forzas carlistas que se mantiñan fóra do Partido Carlista por non asumiren o xiro cara a esquerda deste partido baixo o liderado de Carlos Hugo de Borbón-Parma

Eleccións editar

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 a CTC recibiu 5.226 votos (0.03%), deles 473 (0.21%) en Navarra. Nas eleccións lexislativas de 2004 presentouse só ao Senado levando candidaturas en tódalas circunscricións, obtendo uns 45.000 votos en total.

Galicia editar

CTC-Galicia edita o boletín Aturuxo Carlista. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 conseguiu 309 votos (0.03%). No ano 2004 nas eleccións para o Senado o candidato da CTC que máis votos recibiu foi Ignacio Sánchez-Ocaña, o coordinador de CTC-Galicia, con 646 na provincia da Coruña.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar