Carlos Hugo de Borbón-Parma

Carlos Hugo de Borbón-Parma, duque de Borbón-Parma, nado o 8 de abril de 1930 en Madrid e finado o 18 de agosto de 2010 en Barcelona, foi o xefe da casa ducal de Parma e pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos Hugo I.

Infotaula de personaCarlos Hugo de Borbón-Parma

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Charles-Hugues de Bourbon-Parme Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1930 Editar o valor em Wikidata
16º distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte18 de agosto de 2010 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanctuary of Santa Maria della Steccata (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña (1979–)
Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , aristócrata Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloHereditary Duke of Parma (en) Traducir (1977–2010)
Príncipe (1974–1977)
Prince of Parma (en) Traducir (1974–2010)
Príncipe de Bourbon-Parma (pt) Traducir (1930–1974) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bourbon-Parma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIrene dos Países Baixos (1964–1981), divorcio
FillosCarlos de Bourbon de Parme, Margarida, Condessa de Colorno (pt) Traducir, Jaime de Bourbon de Parme, Carolina de Bourbon de Parme Editar o valor em Wikidata
PaisXavier, Duque de Parma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Madeleine de Bourbon-Busset (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSixto de Borbón, Françoise de Bourbon-Lobkowicz (pt) Traducir, María Teresa de Borbón Parma, Princess Cécile of Bourbon-Parma (pt) Traducir e Princess Marie des Neiges of Bourbon-Parma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Borbón-Parma-1 Find a Grave: 69865956 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Xavier de Borbón-Parma e de María de Borbón-Busset, obtivo o bacharelato en Montreal,[1] estudou ciencias económicas na Universidade de Oxford e traballou no Deutsche Bank. En 1957 entrou en España pola primeira vez e participou no acto de Montejurra dese ano representando ao seu pai. Realizou varias viaxes máis por España, e entrou en contacto coa AET e MOT, os sectores máis progresistas do carlismo, e no verán de 1962 traballou de incógnito nunha mina asturiana. O 29 de abril de 1964 casou en Roma coa princesa holandesa Irene de Orange-Nassau. En 1968 o réxime franquista expulsouno de España

O 8 de abril de 1975 ao abdicar o seu pai, Xavier, aos dereitos á Coroa española converteuse no pretendente carlista á coroa, ademais de ostentar a presidencia do Partido Carlista. En marzo de 1976 intentou entrar en España pero as autoridades non lle deu autorización para entrar e non puido saír do aeroporto de Barajas. A fins de 1977 puido regresar a España. Nas eleccións xerais de 1979 encabezou a candidatura do Partido Carlista en Navarra, conseguiu o 7.7% dos votos pero non conseguiu escano. Tras o fracaso electorial en novembro de 1979 renunciou á presidencia do PC e abril deixou a organización, en 1981, marchou aos Estados Unidos, onde exerceu como profesor na Universidade Harvard e dende 1999 viviu en Bruxelas.

Obras editar

  • Qué es el Carlismo (1976)
  • La vía carlista al socialismo autogestionario (1977)
  1. Bernier Arcand, Philippe (2022). "Les Bourbon-Parme dans les institutions d’enseignement du Québec". Histoire Québec (en francés) 28 (1): 24–28. ISSN 1201-4710.