Sixto Henrique de Borbón, chamado polos seus seguidores Sixto Henrique de Borbón-Parma e Borbón-Busset, nado en Pau (departamento dos Pireneos Atlánticos) o 22 de xullo de 1940, é un aristócrata francés, duque de Aranjuez e príncipe de Parma e Piacenza. É o líder do grupo carlista coñecido como Comuñón Tradicionalista, representando cos seus seguidores, chamados "sixtinos", a vertente máis tradicionalista do carlismo,[1] e considérase o rexente[2] do trono de España pola rama carlista

Infotaula de personaSixto de Borbón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Pau, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFronte Nacional
Comunión Tradicionalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCarlist pretender to the Spanish throne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bourbon-Parma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXavier, Duque de Parma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Madeleine de Bourbon-Busset (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos Hugo de Borbón-Parma, María Teresa de Borbón Parma, Princess Cécile of Bourbon-Parma (pt) Traducir e Françoise de Bourbon-Lobkowicz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
O escudo de Sixto Henrique de Borbón.

Traxectoria editar

Foi o segundo fillo do Duque Francisco Xavier de Borbón-Parma e Bragança (máis tarde príncipe rexente e despois pretendente tamén ó trono español e Duque de Parma) e de Madgdalena de Borbón-Busset.

Xa dende pequeno mostrou as súas intencións de acceder ó trono e posicionouse favorable ás causas Carlistas. Cursou os seus estudos en colexios Beneditinos e nos Maristas, así como dereito, linguas modernas e clásicas e finanzas. En 1965 alistouse na Lexión Española baixo o alcume de Enrique de Aranjuez e o 2 de maio dese mesmo ano fixo a xura de bandeira o que o excluía de compromisos políticos (contrariamente do que ocorre hoxe en día, xa que a xura de bandeira amosa tamén fidelidade cara á Constitución española de 1978.

Os seguidores de Sixto de Borbón acusaron ó seu irmán máis vello, Carlos Hugo de Borbón-Parma, de ter abandonado os ideais que a súa familia sempre apoiara e consideraban que Sixto era o líder do Comuñón Tradicionalista. Namentres que o seu irmán Carlos Hugo abandonara as pretensións carlistas cara ao trono e reconciliárase co Estado Español, Sixto Henrique autonomeouse rexente cando o seu pai, o Duque Xavier de Borbón-Parma, morreu en 1977.

Na primavera de 1976, na romaría de Montejurra, un grupo de seguidores de Sixto de Borbón composto por membros da Comuñón Tradicionalista, a Irmandade de Excombatentes, Unión Nacional Española e Fuerza Nueva, acompañados por pistoleiros ultradereitistas españois, arxentinos, italianos e franceses agrediu ós militantes do Partido Carlista partidarios de Carlos Hugo de Borbón nos chamados Sucesos de Montejurra. O resultado do incidente foi a morte de dúas persoas aínda que non se conseguiu o obxectivo que era o de alterar o apoio maioritario do Partido Carlista a Carlos Hugo quen foi ratificado un ano despois.

Sufriu un grave accidente de automóbil en 2001 e como consecuencia diminuíu a súa actividade pública, porén apoiou a candidatura de Jean-Marie Le Pen, o candidato da Fronte Nacional nas eleccións de 2002 e 2007.

Notas editar

  1. Rey y Cabieses, Amadeo-Martín (6 de setembro de 2008). "Sixto de Borbón Parma, hermano del Duque de Parma, visita Lima y Cuzco". elconfidencialdigital.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  2. Ante la muerte de Carlos Hugo de Borbón Parma Secretaría Política de Don Sixto Arquivado 02 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar