Barajas
Barajas[1] é un distrito da cidade española de Madrid. É neste distrito onde se encontra o Aeroporto Internacional de Barajas, un dos de máis movementos no mundo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 48.646 (2023) (1.160,37 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41,922811382191 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 18 de novembro de 1949 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Barajas | ||||
• Concelleiro presidente | Juan Antonio Peña Ochoa (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28042 e 28055 | ||||
Sitio web | madrid.es… | ||||
Limita, ao norte co concello de Alcobendas; ao leste e sueste cos concellos de Paracuellos de Jarama, Torrejón de Ardoz e San Fernando de Henares; ao sur co concello de Coslada e co distrito de San Blas-Canillejas e ao oeste co distrito de Hortaleza. Ten unha superficie de aproximadamente 41,92 km² e contaba en 2023 con 48.646 habitantes.[2]
Datos históricos
editarAta a reestruturación de 1987 formou parte do Distrito de Hortaleza. A súa anexión a Madrid data de 1949.[3] Comprende a antiga vila de Barajas de Madrid e os seus arredores, algúns históricos como a famosa Alameda de Osuna, e outros modernos igualmente importantes como o Aeroporto. Do seu primitivo carácter rural converteuse nun centro importantísimo de comunicacións coas súas correspondentes zonas industriais e así, os vellos casaríos transformáronse en núcleos residenciais de modernas vivendas.[4]
Barrios
editarVéxase tamén
editarReferencias
editar- ↑ "Distrito de Barajas (Madrid)".
- ↑ "Características xerais do distrito de Barajas".
- ↑ "DECRETO de 18 de noviembre de 1949 por el que se aprueba la anexión total del término municipal de Barajas al de Madrid" (PDF) (en castelán). 22 de decembro de 1949.
- ↑ "Datos históricos do distrito de Barajas".
- ↑ "Mapa Distrito 21 - Barajas" (PDF). xuño de 2022.
Bibliografía
editar- Montero Alonso, José; Azorín García, Francisco; Montero Padilla, José (1997). Diccionario de Madrid (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 512. ISBN 9788480410946.
- Martínez Canales, Francisco (2018). LA CREACIÓN DEL GRAN MADRID. ANEXIÓN DE MUNICIPIOS LIMÍTROFES (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 251. ISBN 9788494047374.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barajas |
- Información do distrito
- Actividades e eventos
- Direccións e teléfonos
- Publicacións e convocatorias
- Participación cidadá
- Información sobre os Plenos do distrito
- Retransmisión do Pleno en directo
- Galería de retransmisións do Pleno
- Programación cultural de Barajas
- Programación deportiva do distrito de Barajas