Adolfo Suárez

Político español e presidente do Goberno entre 1976 e 1981

Adolfo Suárez González, nado en Cebreros (provincia de Ávila) o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 23 de marzo de 2014[1], foi un político español, presidente do Goberno español entre 1976 e 1981. No ano 1981 o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.

Infotaula de personaAdolfo Suárez

(1979) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Adolfo Suárez González Editar o valor em Wikidata
25 de setembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Cebreros, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 2014 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAlzhéimer
Doenza pulmonar obstructiva crónica Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Ávila (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de novembro de 1989 – 29 de outubro de 1991 – Laura Morso Pérez →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

President of Liberal International (en) Traducir
26 de abril de 1989 – 22 de abril de 1992
← Giovanni MalagodiOtto Graf Lambsdorff →
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de xullo de 1986 – 21 de novembro de 1989

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
12 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
29 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente do Goberno de España
3 de xullo de 1976 – 25 de febreiro de 1981
← Fernando de SantiagoLeopoldo Calvo Sotelo Bustelo →
Q5938894 Traducir
12 de decembro de 1975 – 6 de xullo de 1976
← José Solís RuizIgnacio García López →
Q43134780 Traducir
21 de marzo de 1975 – 2 de xullo de 2005
← Antonio José García Rodríguez-AcostaAntonio Chozas Bermúdez (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
← Gonzalo Cerezo Barredo (pt) Traducir, José Solís Ruiz, José Antonio Elola-Olaso (en) TraducirAntonio Chozas Bermúdez (pt) Traducir, Ignacio García López →
Q43134161 Traducir
8 de novembro de 1969 – 29 de xuño de 1973
← Jesús Aparicio-Bernal (en) TraducirRafael Orbe Cano (pt) Traducir →
Q33206649 Traducir
31 de maio de 1968 – 7 de novembro de 1969
← Juan Murillo de Valdivia (en) TraducirMariano Pérez-Hickman Rey (en) Traducir →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Provincial Head of the Movement (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e diplomacia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCentro Democrático y Social (1982–1991)
Unión de Centro Democrático (1976–1982)
Falange Española Tradicionalista y de las JONS (1958–1977) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresManuel Clavero Arévalo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDucado de Suárez Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAmparo Illana (1961–2001)
FillosAdolfo Suárez Illana (en) Traducir, Laura Suárez Illana (en) Traducir, María Amparo Suárez Illana (en) Traducir, Sonsoles Suárez (pt) Traducir, Francisco Javier Suárez Illana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHipólito Suárez Editar o valor em Wikidata  e Herminia González (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAlejandra Romero Suárez (en) Traducir (daughter's daughter (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1065953 Dialnet: 69498 Find a Grave: 128117509 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Cebreros (Ávila), onde o seu pai, Hipólito Suárez, que era un procurador coruñés, fora represaliado pola súa militancia republicana. Adolfo Suárez pasaba os veráns con regularidade na súa casa familiar da Coruña. Durante unha estadía prolongada na cidade, chegou a probar como xogador no Deportivo da Coruña. Esta filiación coa cidade coruñesa e co club de fútbol mantívoa toda a súa vida.[2]

Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos cargos na ditadura franquista axudado por Fernando Herrero Tejedor, que foi o seu protector. Desta forma, en 1958, pasa a formar parte da "Secretaría Xeral do Movemento" ascendendo, en 1961, a Xefe do Gabinete Técnico do Vicesecretario Xeral, procurador das Cortes por Ávila en 1967 e gobernador civil de Segovia en 1968. En 1969 é designado Director Xeral de Radio-Televisión Española, permanecendo no cargo até 1973.

O 11 de decembro de 1975 foi nomeado Secretario Xeral do Movemento no primeiro goberno de Carlos Arias Navarro. Cando en xullo de 1976 o Rei Xoán Carlos I lle encargou a formación de goberno, Suárez era un descoñecido para a maioría do pobo. Para comezar o desmantelamento franquista, confeccionou un grupo de políticos de diferentes ideoloxías: falanxistas "conversos", socialdemócratas, liberais, democristiáns etc. Nesta tarefa contou coa axuda de Torcuato Fernández Miranda, que logrou a autoliquidación das Cortes franquistas e sacar adiante a Lei de Reforma Política.

O 15 de xuño de 1977 celebráronse as eleccións xerais de 1977, as primeiras democráticas en España dende 1936. Adolfo Suárez resultou vencedor, á fronte dun grupo de partidos de centrodereita baixo o nome de UCD (Unión de Centro Democrático). As Cortes saídas desas eleccións, aprobaron a Constitución de 1978 que sairía a referendo popular o 6 de decembro.

O 3 de marzo de 1979 tiveron lugar as eleccións xerais de 1979, que volveu gañar UCD, iniciando Suárez o seu terceiro mandato. Esta etapa estivo chea de dificultades políticas, sociais e económicas, que o levaron a presentar a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981. Na mensaxe ao país dixo:

Eu non quero que o sistema democrático de convivencia sexa, unha vez máis, unha paréntese na Historia de España[Cómpre referencia]

No golpe de estado do 23-F foi unha das tres persoas que non se botou ó chan á orde de Tejero.

Pouco despois de dimitir creou con outros ex dirixentes da UCD o partido Centro Democrático y Social (CDS), co que se presentou as eleccións do 28 de outubro de 1982, sendo elixido deputado por Madrid. Revalidou o escano nas eleccións seguintes até que en 1991 dimitiu como dirixente do CDS.

Vida persoal editar

Casou con Amparo Illana Elórtegui o 15 de xullo de 1961,[3] e tiveron cinco fillos: María Amparo, Sonsoles, Adolfo, Laura e Javier.[4] Segundo diversas fontes, tería sido durante un tempo membro do Opus Dei.[5][6]

Recoñecementos editar

O 25 de febreiro de 1981, despois da súa dimisión, o rei Xoán Carlos I outorgoulle o título de Duque de Suárez. En 1996 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias da Concordia pola súa importante contribución á transición española e á democracia, da que se lle considera o grande artífice.

O 8 de xuño de 2007, o rei concedeulle o título de Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro. A foto que lembra a entrega da distinción, co rei e Suárez camiñando de costas ao fotógrafo, obtivo distintos premios e converteuse en símbolo da Transición.[7]

O fillo de Adolfo Suárez, Adolfo, fixo público nun programa de Televisión Española que o expresidente sufría Alzheimer dende había anos, polo que nin se lembraba de que fora Presidente do Goberno e que non coñecía a ninguén.

Notas editar

  1. Muere Suárez artífice de la Transición, artigo en ABC, 23 de marzo de 2014
  2. La profunda huella coruñesa
  3. López de Celis, María Ángeles (2013). Las damas de la Moncloa: Una visita al palacio en clave femenina (en castelán). Planeta. pp. 36–37. ISBN 9788467033250. 
  4. Alonso, N. (26 de marzo de 2014). "Los hijos de Adolfo Suárez, cinco personalidades diferentes". El Comercio (en castelán). Consultado o 13/11/2020. 
  5. Herrero, Luis (2007). Los que le llamábamos Adolfo. La Esfera de los Libros. p. 97. ISBN 9788497346641. 
  6. "Adolfo Suárez: «Se me acusa de ser un hombre ambicioso...»". La Voz de Galicia. 23 de marzo de 2014. Consultado o 13/11/2020. Desde hace años me he hartado de decir que el Opus Dei, al que he pertenecido, no es más que una organización piadosa. 
  7. "Los Ortega y Gasset de Periodismo premian los testimonios íntimos de Martínez Reverte y Suárez Illana". El País. 22 de abril de 2009. Consultado o 13/11/20202. La foto del ex presidente del Gobierno Adolfo Suárez y del rey Juan Carlos paseando juntos, publicada en todos los medios de comunicación españoles el 18 de julio de 2008 y tomada por el hijo de Suárez, Adolfo Suárez Illana, ha sido, por mayoría, la imagen ganadora del Premio Ortega y Gasset a la Mejor Información Gráfica. 

Véxase tamén editar

Predecesor:
Jesús Aparicio-Bernal
 
Director Xeral de Radiodifusión e Televisión de España

1969-1973
Sucesor:
Rafael Orbe Cano
Predecesor:
José Solís Ruiz
 
Ministro Secretario Xeral do Movemento de España

1975-1976
Sucesor:
Ignacio García López
Predecesor:
Carlos Arias Navarro
 
Presidente do Goberno de España

1976-1981
Sucesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo