Unión del Pueblo Español

Unión del Pueblo Español (UDPE, Unión do Pobo Español en galego) foi unha asociación política creada no tardofranquismo e que, convertida en partido político, formaría xunto con outras forzas Alianza Popular en setembro de 1976. As asociacións políticas foron resultado do desenvolvemento da Lei Orgánica do Estado de 1966 e pretendían impulsar un limitado pluralismo dentro do réxime franquista, se ben non tiveron máis capacidade cá de organizar as forzas políticas do franquismo ante o proceso da Transición.

Unión del Pueblo Español

Tipoasociación política (en) Traducir e partido político español Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticafranquismo Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aFrancisco Labadie Otermin, Carlos Pinilla Turiño (en) Traducir, José Martínez Emperador (pt) Traducir, Fernando Abril Martorell, Juan Antonio Samaranch, Juan Velarde Fuertes, Francisco Queipo de Llano y Acuña, Blanca García-Valdecasas, José Manuel Pardo de Santayana (pt) Traducir, Carlos Larrañaga, Agustín Cotorruelo Sendagorta, José Muñoz Ávila, Fernando Dancausa de Miguel (en) Traducir, Mariano Calviño de Sabucedo y Gras (pt) Traducir, Antonio Chozas Bermúdez (pt) Traducir, Eduardo Barreiros, Ramón Andrada Pfeiffer (pt) Traducir, Manuel Blanco Tobío, Manuel Madrid del Cacho (pt) Traducir, Joan Soler Bultó (en) Traducir, Alfonso Cortina (pt) Traducir, Javier Carvajal Ferrer, Francisco Abellá Martín, Luis Miravitlles (en) Traducir e Pedro Nieto Antúnez Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1975 Editar o valor en Wikidata
Disolución1977 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónEspaña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Lideraron a "Unión del Pueblo Español", o entón ministro de Educación e Ciencia, Cruz Martínez Esteruelas e o vicesecretario xeral do Movemento Nacional, Adolfo Suárez. A "Unión del Pueblo Español" quería agrupar a todos aqueles políticos máis oficialistas do franquismo, ligados ó aparato burocrático do Movemento. A pesar de que Cruz Martínez Esteruelas ingresara en Alianza Popular, foi Adolfo Suárez, cando se puxo á fronte da Unión de Centro Democrático, quen aproveitou esta estrutura nas eleccións de 1977.