José Solís Ruiz
José Solís Ruiz, nado en Cabra (Córdoba) o 27 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 30 de maio de 1990, foi un político español.[1]
Traxectoria
editarFillo de Felipe Solís Villechenous —alcalde de Cabra durante a ditadura de Primo de Rivera— e Eduarda Ruiz Luna.[2] Realizou estudos de dereito nas universidades de Deusto e Valladolid.[3]
«Camisa vieja» de Falange,[4] chegou a tomar parte na guerra civil en apoio do bando sublevado.[3] Durante o conflito alcanzou o grao de alférez provisional. Ao rematar a guerra ingresou por oposición na Secretaría Técnica Sindical, onde ocupou a praza de secretario da sección sindical central do Sindicato Nacional del Metal.[5] Formou parte do Corpo Xurídico Militar,[6] no que ingresou mediante oposición. Como tal actuou como fiscal no xuízo celebrado en 1941 contra un grupo de anarquistas membros do maquis, aos que Solís acusou de sabotaxe e de querer restaurar a República; finalmente foron condenados a morte e executados.[7] En 1944 incorporouse como secretario á Vicesecretaría xeral de Ordenación Social,[5] organismo de Falange encargado das cuestións sindicais, entre outras. A pesar de que tecnicamente era un falanxista «camisa vieja», Solís fixo boa parte da súa carreira profesional como oficial xurídico do Exército e como burócrata da administración sindical, polo que tivo pouco contacto co movemento fascista orixinal.[8]
Rol nos sindicatos
editarEn 1946 designárono procurador das Cortes franquistas,[9] posición que mantivo durante case toda a ditadura, ata decembro de 1975.[10] Durante ese ano, 1946, desde o seu cargo na Vicesecretaría xeral de Ordenación Social organizou as primeiras eleccións sindicais e tamén o primeiro Congreso Nacional de Trabajadores.[11]
En xullo de 1948 nomeárono gobernador civil de Pontevedra, cesando en 1951 e pasando a ser gobernador civil de Guipúscoa.[12]
Obras
editarTen escrito unha granc cantidade de folletos; entre outros, os seguintes:
Notas
editar- ↑ "José Solís Ruiz, ex ministro franquista, falleció ayer en Madrid" El País, 21/5/1990 (en castelán).
- ↑ Barea 2014, p. 228.
- ↑ 3,0 3,1 Alvar Ezquerra 2003, p. 564.
- ↑ Aínda que o «camisa vieja» José Antonio Girón de Velasco dixo despois que Solís nunca foi un verdadeiro falanxista. Payne 1999, p. 428
- ↑ 5,0 5,1 Aschmann 1999, p. 238n.
- ↑ Míguez 1990, p. 70.
- ↑ Sánchez Agustí et al. 2008, p. 224.
- ↑ Payne 1999, pp. 437-438.
- ↑ "Solís Ruiz, José. 58. Elecciones 13.5.1946 Organización Sindical". Buscador histórico de diputados (1810-1977). Congreso dos Deputados.
- ↑ "Solís Ruiz, José. 66. Elecciones 16.11.1971 Miembros del gobierno". Buscador histórico de diputados (1810-1977). Congreso dos Deputados.
- ↑ Aschmann 1999, p. 238n-239n.
- ↑ Aschmann 1999, p. 239n.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Rodríguez Puértolas et al. 2008, p. 1012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alvar Ezquerra, Jaime (2003) [2001]. Diccionario de historia de España. Tres Cantos (Madrid): Istmo. ISBN 84-7090-366-7.
- Sánchez Agustí, Ferrán (2008). "El maquis anarquista en Cataluña". En Aróstegui, Julio (coord.); Marco, Jorge (coord.). El último frente: la resistencia armada antifranquista en España, 1939-1952 (en castelán). Madrid: Los Libros de la Catarata. pp. 211–231. ISBN 978-84-8319-381-5.
- Aschmann, Birgit (1999). "Treue Freunde..."?: Westdeutschland und Spanien, 1945 bis 1963. Stuttgart: Franz Steiner Verlag. ISBN 9783515075794.
- Barea, Óscar (2014). Heráldica y Genealogía en el Sureste de Córdoba (Ss. XIII-XIX). Bubok Publishing. ISBN 978-84-686-6224-4.
- Míguez, Santiago (1990). La preparación de la transición a la democracia en España. Zaragoza: Universidad de Zaragoza. ISBN 84-7733-185-5.
- Payne, Stanley G. (1999). Fascism in Spain, 1923–1977. Madison: University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-16560-4.
- Rodríguez Puértolas, Julio (2008). Historia de la literatura fascista española (vol II) (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 9788446029304.
Outros artigos
editar
Predecesor: Fernando Suárez González |
Ministro de Traballo 1975 - 1976 |
Sucesor: Álvaro Rengifo Calderón |