Hipólito Suárez

procurador galego

Hipólito Suárez Guerra, nado na Coruña en xullo de 1907[1] e finado en Madrid o 21 de marzo de 1980[2], foi un procurador galego represaliado pola súa militancia republicana.

Infotaula de personaHipólito Suárez
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 1980 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHerminia González (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAdolfo Suárez Editar o valor em Wikidata
ParentesAdolfo Suárez Illana (en) Traducir (neto)
Sonsoles Suárez (pt) Traducir (neta (pt) Traducir)
María Amparo Suárez Illana (en) Traducir (neta (pt) Traducir)
Laura Suárez Illana (en) Traducir (neta (pt) Traducir)
Francisco Javier Suárez Illana (en) Traducir (neto)
Alejandra Romero Suárez (en) Traducir (great-granddaughter (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Hipólito Suárez, que vivía na rúa Real da Coruña. Aprobou os exames de procurador en 1935.[3] Era amigo de Claudio Sánchez Albornoz, e tiña coñecidas simpatías republicanas. Foi destinado á praza de secretario do xulgado de Cebreros (Ávila). Alí casou en 1936, e alí tamén o sorprendeu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 co que se iniciou a Guerra Civil española. Agochouse pero foi descuberto e encarcerado. Xulgado, escapou da pena de morte grazas á intercesión de Severiano Martínez Anido, xeneral nacional ferrolán e ministro de Franco.[4]

Durante a posguerra acudía regularmente á Coruña a pasar os veráns.

Vida persoal editar

Casou con Herminia González Pardo e foi pai de Adolfo Suárez, que acabou sendo presidente do goberno de España entre 1976 e 1981.

Está soterrado no cemiterio de San Amaro.

Notas editar