Severiano Martínez Anido

militar e político galego

Severiano Martínez Anido, nado en Ferrol o 21 de maio de 1862 e finado en Valladolid o 24 de decembro de 1938, foi un militar galego do exército español, e tamén pintor.

Modelo:BiografíaSeveriano Martínez Anido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1862 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio del Carmen Editar o valor en Wikidata
Ministro do Interior de España
30 de xaneiro de 1938 – 24 de decembro de 1938
← Julián ZugazagoitiaRamón Serrano Suñer →
Q33757433 Traducir
xaneiro de 1938 – decembro de 1938
Ministro de Gobernación
decembro de 1925 – xaneiro de 1930
← Martín Rosales Martel (pt) TraducirEnrique Marzo Balaguer (en) Traducir →
Ministro do Interior de España
23 de setembro de 1923 – 30 de xaneiro de 1930
← Millán Millán de Priego (en) TraducirEnrique Marzo Balaguer (en) Traducir →
Undersecretary of the Ministry of the Interior (en) Traducir
setembro de 1923 – decembro de 1925
Gobernador civil da provincia de Barcelona
20 de novembro de 1920 – 24 de outubro de 1922
← Federico Carlos Bas Vassallo (en) TraducirJulio de Ardanaz Crespo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Guerra do Rif
Guerra Hispano-Estadounidense Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBaldrich, Rafael Martínez-Anido Baldrich Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1226945

Traxectoria

editar

Carreira militar

editar

Entre 1880 e 1884 estudou na Academia de Infantaría de Toledo, ata que co grao de alférez provisional o destinaron a Xirona. En 1886 marchou á fronte africana, onde participou co Exército español nas primeiras fases da guerra de África (1886-1896). Nese ano ofreceuse voluntario a marchar a Filipinas, onde combateu co exército español na guerra de Filipinas (1897), logrando o grao de comandante.

Despois duns anos de servizo na Península, regresou en 1909 á fronte de Marrocos, onde ascendeu a coronel en 1910. Debido á súa proximidade ao rei Afonso XIII, o monarca nomeouno director da Academia de Infantería de Toledo en 1912. En 1914 chega ao grao de xeneral, de brigada, co que volve de novo a África ata 1916 e despois de novo tomando posesión do seu destino en Tetuán en 1917.

Durante o mes de xaneiro de 1917, foi comisionado para visitar as posicións británicas e francesas en Ruán e Verdún. Realizou a visita xunto de Miguel Primo de Rivera, con quen estreitara unha forte amizade nas campañas marroquís. Ambos militares quedaron impresionados cos bombardeos, as avanzadas de tanques, o uso de gases tóxicos e a eficiencia dos hospitais de campaña. Durante a súa estadía conxeniaron co mariscal Petáin, que lles fixo de guía en Verdún.[1]

Carreira política

editar

Ás poucas semanas nomeárono gobernador militar de Donostia. En 1918 ascendeu a xeneral de división. Ao ano seguinte foi designado para o goberno militar de Barcelona coa misión de reprimir as manifestacións e tensións nacionalistas e obreiras.[2] Meses despois pasa á rama civil, cando o tamén galego Gabino Bugallal, daquela ministro de Graza e Xustiza, o nomeou gobernador civil de Barcelona.

A súa actuación destacou pola extrema dureza da represión policial, especialmente, contra o anarcosindicalismo[3] durante os anos do pistoleirismo.[4] En marzo de 1922, Primo de Rivera foi nomeado capitán xeneral de Cataluña. Co financiamento da patronal catalá fomentaron a actuación do Sindicato Libre, e máis en particular dos seus pistoleiros, que protagonizaron numerosos atentados e execucións extraxudiciais de líderes obreiros.[5]

Entre estes atentados destacou o que malferiu ao cenetista Ángel Pestaña o 25 de agosto, en Manresa. Así mesmo, planificou un simulacro de atentado contra si mesmo coa idea de reforzar o seu prestixio. Na organización do simulacro, tres anarquistas foron asasinados pola policía na madrugada do 23 ao 24 de outubro. Un cuarto anarquista, que sobreviviu, revelou o complot. Ao día seguinte foi destituído o xeneral Arlegui, xefe da policía barcelonesa. O 25 de outubro, en solidadariedade co seu colaborador, Anido dimitiu.[6]

 
Severiano Martínez Anido (1912).

Aínda que membros destacados do exército e da burguesía catalá trataron de interceder e o propio rei ameazou ao primeiro ministro, Sánchez Guerra, con non asinar a dimisión, esta fíxose efectiva. Pouco despois Anido foi nomeado gobernador militar de Cartaxena e máis tarde comandante xeral de Melilla. Na praza norteafricana fíxose cargo da loita contra Abd el-Krim e promoveu un asalto á Baía de Al-Hoceima, pero o goberno non aceptou a súa proposta e dimitiu.[7] Este feito sería unha das razóns que acabou por decidir a Primo de Rivera ao golpe de estado do 13 de setembro de 1923.

Participación na ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)

editar

Anido foi a man dereita de Miguel Primo de Rivera durante a ditadura que este encabezou entre setembro de 1923 e xaneiro de 1930. Durante a primeira fase da ditadura, o Directorio MIlitar (1923-25), ocupou o cargo de subsecretario do ministerio da Gobernación, habilitado coa capacidade do ministro, en 1924 como delegado do Directorio militar e encargado da Xunta Central de Abastos, e xa ao ano seguinte finalmente co cargo de ministro da Gobernación (1925), cargo co que ademais ocupou a vicepresidencia do goberno de Primo.

Ata o 30 de xaneiro ocupou o ministerio, simultaneándoo coa carteira de Defensa cando o seu titular, Juan O'Donnell, estaba enfermo, e tamén substituíndo a Primo de Rivera nas súas ausencias. Nesta época, ademais, logrou o grao de xeneral.

Anido conservou tal ascendencia sobre Primo de Rivera que foi o encargado de convencelo para que dimitise. Na madrugada do domingo 26 de xaneiro Primo remitiu unha carta aos dez capitáns xenerais e outros altos mandos militares preguntándolles se seguía conservando a confianza do exército. En caso de que as respostas fosen negativas, comprometíase a dimitir. En efecto, entre as respostas predominaban aquelas que mostraban un tépedo apoio ao ditador: Anido reuniuse con el na tarde do 27 de xaneiro, logrando convencelo de que a dimisión era a única saída honorábel. Así mesmo, Anido foi un dos membros da terna que Primo propuxo ao rei na súa substitución.[8]

Exilio e participación na Guerra Civil

editar

Coa caída de Primo, en xaneiro de 1930, marchou ao exilio a Francia. O goberno saído da proclamación da Segunda República Española expulsouno do Exército Español. En 1933 venceu nas eleccións a conservadora CEDA e, sen reintegrarse ao exército nin volver do exilio, puido percibir unha pensión militar. Durante estes anos dedicouse por enteiro á pintura.

Ao estourar a Guerra civil española volveu a España, alistouse no bando nacionalista e foi nomeado presidente do Patronato Nacional Antituberculoso. En outubro de 1937 nomeárono xefe dos servizos de Seguridade interior, Orde pública e Fronteiras, dependente directamente de Francisco Franco. En febreiro de 1938 Franco nomeouno ministro de Orde Pública,[9][10] dende onde se encargou de organizar boa parte da represión militar e xudicial do bando nacionalista, con tanta crueldade[11] que membros da Falange Española quixeron apartalo do cargo, se ben outros historiadores sinalan a Martínez Anido como unha persoa humana e moderada coa represión.[12] Con todo, faleceu ao remate dese ano 1938 dun repente.

Recoñecementos

editar
  • Gran Cruz de Carlos III
  • Gran Cruz Vermella do Mérito Militar (1915)[13]
  • Gran Cruz de la Real y Militar Orden de San Hermenegildo (1922)[14]
  • Gran Cruz (con distintivo blanco) de la Orden del Mérito Naval (1929)[15]
  • Gran Cruz (con distintivo blanco) de la Orden Civil de Beneficencia (1929)[16]

Vida persoal

editar

Foi pai do debuxante e ilustrador Robert Martínez Baldrich.

  1. Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 49–51.
  2. El ministro de Orden Público, general Martínez Anido, ABC, 1/2/1938.
  3. Thomas (1976), p. 40.
  4. Thomas (1976), pp. 44–45.
  5. Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 67–71.
  6. Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 70–71.
  7. Boyd, Carolyn P. (1979). "Chapter Eleve: The Clenched Fist". Praetorian Politics in Liberal Spain (en inglés). University of North Carolina Press. 
  8. Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 233–236.
  9. "Decreto núm. 445 nombrando Público al Teniente General D. Severino Marínez Anido" (PDF). boe.es. 1 de febreiro de 1938. p. 5547. Consultado o 17 de decembro de 2023. 
  10. Payne (1976), p. 330
  11. Payne (1961), p.183
  12. Hugh Thomas. La guerra civil española, Diario 16. Madrid 1976, páxina 640.
  13. Ministerio de la Guerra (11 de xuño de 1915). "Reales Decretos" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid nº 162. p. 687. Consultado o 17 de decembro de 2023. 
  14. Ministerio de la Guerra (14 de outubro de 1922). "Reales Decretos" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid, nº 287. p. 170. Consultado o 17 de decembro de 2023. 
  15. Ministerio de Marina (22 de outubro de 1929). "Ministerio de Marina" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid, nº 295. Consultado o 17 de decembro de 2023. 
  16. "Presidencia del Consejo de Ministros" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid, nº 311. 7 de novembro de 1929. p. 763. Consultado o 17 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar