Julián Zugazagoitia

político español

Julián Zugazagoitia Mendieta, nado en Bilbao o 5 de febreiro de 1899, e finado en Madrid o 9 de novembro de 1940, foi un político, xornalista e escritor socialista español. Coñecido como Zuga nos ambientes políticos, tamén empregou os pseudónimos de Fermín e Julián Mendieta. Desempeñou a Secretaría Xeral de Defensa Nacional ó finalizar a guerra civil española. Tras exiliarse en Francia, foi capturado pola policía secreta alemá e entregado ás autoridades españolas. Morreu fusilado polo goberno franquista.

Infotaula de personaJulián Zugazagoitia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Ministro de Gobernación
17 de maio de 1937 – 8 de abril de 1938
← Ángel Galarza (en) TraducirPaulino Gómez Sáiz (en) Traducir →
Deputado nas Cortes republicanas

24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Vizcaya (capital) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

18 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Badajoz (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enLabour movement in Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira política editar

Fillo dun obreiro metalúrxico, Fermín Zugazagoitia (en varios dos seus artigos usou como pseudónimo Fermín Mendieta), afiliouse ás Xuventudes Socialistas da agrupación bilbaína ó pouco de crearse, e da que foi presidente en 1920. Dende este posto, enfrontouse e opúxose ó proceso de escisión que daría lugar á creación do Partido Comunista de España. Estivo moi influído por Tomás Meabe, o propio Pablo Iglesias e Indalecio Prieto. Militante do Partido Socialista Obrero Español, o seu achegamento ás posicións máis moderadas dentro das organizacións socialistas debíase a que, máis que unha formación doutrinal, a súa elección estivo moi marcada polo humanismo. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi condenado a desterro en Santoña, onde iniciou a súa carreira literaria.

Emulou ó seu pai e foi elixido concelleiro en Bilbao nas eleccións municipais de España de 1931 que propiciaron a fin da monarquía de Afonso XIII. Despois, obtivo a acta de deputado ó Congreso nas Eleccións Xerais de 1931 en España pola provincia de Badaxoz. Pertencía á póla centrista, "prietista" do PSOE.

Cofundador o 11 de febreiro de 1933 da Asociación de Amigos da Unión Soviética, creada nuns tempos nos que a dereita sostiña un ton condenatorio en relación ós relatos sobre as conquistas e os problemas do socialismo na URSS.

Guerra civil editar

Durante a guerra civil foi un dos escasos dirixentes socialistas que ficou en Madrid ó producirse o asalto franquista en novembro de 1936. Ó caer o goberno de Largo Caballero, tralos sucesos de maio, foi nomeado Ministro da Gobernación con Juan Negrín con quen compartía a idea de que non se debía render o goberno lexítimo da república a os sublevados, aínda que foi contrario á participación do Partido Comunista no goberno e, nese senso, próximo ás teses de Indalecio Prieto. Ocupou o posto até abril de 1938. Dende esa data até a fin da guerra, desempeñou a Secretaría Xeral de Defensa Nacional.

Exilio e fusilamento editar

Saíu ó final da guerra dende Cataluña até Francia e fixou a súa residencia en París, onde tras ser delatado foi detido o 27 de xullo de 1940 pola Gestapo (durante a ocupación nazi de Francia) e entregado ás autoridades franquistas xunto ó tamén xornalista socialista Francisco Cruz Salido, Teodomiro Menéndez, socialista asturiano, o director de escena Cipriano Rivas Cherif, cuñado de Manuel Azaña, e dous íntimos amigos deste: Carlos Montilla e Miguel Salvador Carreras. O autor da súa detención e posterior entrega en España foi o policía Pedro Urraca Rendueles.[1] Nun xuízo sumarísimo e despois de tomar declaración a todos os procesados, o xeneral Arroyo deu por rematada a instrución da causa o 16 de outubro, calificando os feitos relatados como constitutivos de delito de rebelión, previsto no artigo 237 e seguintes do Código de Xustiza Militar.[2] En aplicación de devandito código, os seis procesados, agás Teodomiro Menéndez, foron condenados a morte, aínda que posteriormente Rivas Cherif, Montilla e Salvador foron indultados. O 9 de novembro, xunto con Francisco Cruz Salido e outros catorce presos, foi fusilado en Madrid nas tapias do cemiterio da Almudena.[3][4]

Notas editar

  1. "El cazador de rojos", El País Consultado o 5 de xaneiro de 2011
  2. "Guerra y vicisitudes de los españoles. Lectura breve". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2016. 
  3. De Rivas Cherif, Cipriano (1 de maio de 1978). "Tres mártires: Companys, Zugazagoitia y Cruz Salido" (PDF). Tiempo de historia (42): 4–25. 
  4. Preston, Paul (2011). El holocausto español. Odio y exterminio en la guerra civil y después (1.ª ed.). Barcelona: Debate. p. 644. ISBN 978-84-8306-852-6.