Pablo Iglesias Posse
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Pablo Iglesias Posse, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1850 e finado en Madrid o 9 de decembro de 1925, foi un político galego, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).
Pablo Iglesias Posse | |
---|---|
![]() | |
Pablo Iglesias Posse | |
Datos persoais | |
Nacemento | 18 de outubro de 1850 |
Ferrol | |
Falecemento | 9 de decembro de 1925 |
Madrid | |
Organización | Partido Socialista Obrero Español Unión Xeral de Traballadores |
Cónxuxe | Amparo Meliá |
Profesión | Político e sindicalista |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Formación e primeiros anos editar
Fillo de Juana Posse, Pablo Iglesias naceu nunha familia humilde. Frecuentou a escola entre os seis e os nove anos, cando o seu pai, funcionario público, morre. Ós 9 anos emigrou xunto á súa nai e ó seu irmán máis novo Manuel (que máis tarde morrería de tuberculose) a Madrid. Alí a súa nai vivía pedindo esmola, polo que debido á falta de fondos foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou ós 12 anos. Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.
Fundación do PSOE editar
Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) asistíu a unha serie de charlas en Madrid, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar, na clandestinidade, un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.
En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española.
O 12 de maio de 1886 sae á luz o primeiro número d’El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo e que se continúa editando na actualidade. Entre os seus traballos coma xornalista cómpre destacar a súa colaboración nos xornais La Solidaridad e La Emancipación.
Fundación de UXT editar
En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), accedendo á súa presidencia en 1889. Este mesmo ano acudiu ao Congreso fundacional da II Internacional como representante portavoz do PSOE.
En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cesamento do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista. De feito nas eleccións de 1905 Pablo Iglesias, Largo Caballero e García Ormaechea saíron elixidos concelleiros por Madrid.
Primeiro deputado da historia do PSOE editar
En 1908 fundou a Casa do Pobo de Madrid. En 1909 foi detido ilegalmente durante a Semana Tráxica de Barcelona como forma de represión. En 1910 o PSOE conseguiu o seu primeiro deputado da historia no Parlamento Español, que ocupou Iglesias e en sucesivas eleccións foi incrementándose o número de representantes. En 1919 cesou parcialmente das súas obrigacións políticas por mor dunha pulmonía e unha saúde cada vez máis resentida.
Escisión ideolóxica do partido editar
En 1920 e 1921 o PSOE sufriu a escisión de dous grupos partidarios de adherirse á Internacional Comunista (III Internacional) convocada por Lenin. Estes grupos (Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español descontentos coa moderación do PSOE) acabaron fundando o Partido Comunista de España.
O 9 de decembro de 1925 produciuse o seu pasamento en Madrid e o seu cadáver foi embalsamado e exposto na Capela da Casa do Pobo de Madrid. 150.000 cidadáns acudiron ó seu funeral, que desembocou nunha manifestación lembrada por moito tempo.
O seu pensamento editar
"O Partido Socialista é a enteira emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de tódalas clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores ceibes e iguais, honrados e intelixentes" - Pablo Iglesias.
Predecesor: Luis Zurdo |
Presidente da UGT 1889 - 1925 |
Sucesor: Julián Besteiro |
Predecesor: Ninguén (fundador) |
Presidente do PSOE 1879 - 1925 |
Sucesor: Julián Besteiro |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Iglesias Posse |
A Galicitas posúe citas sobre: Pablo Iglesias (en castelán) |