Pablo Iglesias Turrión
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Pablo Iglesias Turrión, nado como Pablo Manuel Iglesias Turrión[1] en Madrid o 17 de outubro de 1978, é un político, escritor, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid e presentador de televisión español. En 2014 foi elixido eurodeputado polo partido Podemos.[2] Dende o 13 de xaneiro de 2020 é o Vicepresidente segundo do Goberno de España e Ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Presenta os programas de debate político La Tuerka CMI (Canal 33, anteriormente en Tele K) e Fort Apache CMI (Hispan TV). É director de contidos e creatividade de producións Con Mano Izquierda (CMI), voceiro do Consello Executivo da Fundación CEPS e membro de La Promotora.
Pablo Iglesias Turrión | |
![]() Pablo Iglesias en 2015 | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 13 de xaneiro de 2020 | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 13 de xaneiro de 2020 | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 13 de xaneiro de 2016 | |
Actualmente no cargo | |
Desde o 15 de novembro de 2014 | |
1 de xullo de 2014 – 27 de outubro de 2015 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 17 de outubro de 1978 (42 anos) Madrid, España |
Partido | Podemos |
Profesión | Profesor universitario, escritor |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Sinatura | ![]() |
Sitio web | pabloiglesias.org |
@Pablo_Iglesias_ |
Actividade académicaEditar
Licenciado en Dereito en 2001 e en Ciencia Política en 2004 (con premio extraordinario),[3] rematou a tese de doutoramento en 2008 cunha tese doutoral sobre a acción colectiva postnacional.[4] Obtivo o master en humanidades (2010) pola Universidade Carlos III de Madrid cunha tese sobre análise político do cine; e o Master of Arts in Communication (2011) polo European Graduate School (Suíza).
Activismo políticoEditar
Situado na esquerda política,[5][6] é voceiro do Consello Executivo da Fundación Centro de Estudios Políticos y Sociales (Fundación CEPS), dedicada á produción de pensamento crítico e ao traballo cultural e intelectual para fomentar consensos de esquerdas.[7]
En 2001 participou no Movemento de resistencia global[8] onde defendeu a desobediencia civil como forma de loita, e boa parte da súa actividade académica, incluíndo a súa tese doutoral,[4] versou sobre este tema.
Foi invitado por Izquierda Unida a participar no seu proceso de refundación da esquerda. Con Producciones CMI realizou anuncios de campaña para IU nas eleccións municipais de España de 2011 e foi asesor da mesma formación para as eleccións xerais e de Alternativa Galega de Esquerda para as eleccións galegas.[9] Con motivo do Aniversario do Partido Comunista de España, presentou en 2012 un programa especial de La Tuerka dende a festa do partido onde debateron sobre o mesmo.[10]
Actividade nos mediosEditar
Foi articulista de diferentes medios de prensa escrita, como Público[11] (onde colabora actualmente), Kaosenlared,[12] Diagonal[13] e Rebelión.[Cómpre referencia] En maio de 2010, presentou o acto 99 segundos one step beyond,[14] organizado por La Promotora na UCM, no que se realizou un debate sobre a Transición política dende o Franquismo ata o sistema constitucional actual e as súas implicacións na memoria histórica do noso país dende un formato que lembraba a programas como 59 segundos. Ao comezo do acto, Pablo Iglesias pediu irónicamente un aplauso para Libertad Digital e outros medios pola publicidade que deron ao evento.[15] No acto participaron Ramón Cotarelo, Enrique Curiel, Carlos Slepoy, Almudena Grandes, Juan Carlos Monedero, Pablo Sánchez-León, Daniel Fernández e Willy Toledo.
La Tuerka e Fort ApacheEditar
Tele K, que retransmitiu o evento, ofreceu a La Promotora trasladar o formato á televisión comunitaria madrileña, o que deu orixe a La Tuerka CMI[16] (realizado pola produtora Con Mano Izquierda). O programa comeza cun monólogo de Pablo Iglesias e, tras a sección de zapeo Revuelta en el frenopático, comeza un debate no que se trata un tema de interese político no que participaron políticos do PP, PSOE, IU, IA, ERC e outros partidos, profesores de universidade, activistas, sindicalistas e policías. Durante o programa adoitan facer reportaxes na rúa sobre o tema que están falando, e rematan emitindo un vídeo de rap; nesta sección participaron grupos como Los Chikos del Maíz.
A causa dos problemas coas licenzas de Tele K e Canal 33, ambas cadeas comezaron a emitir parte da súa programación conxuntamente, e La Tuerka trasladouse a Canal 33 para emitir en directo, emitíndose en diferido por Tele K.[17]
En xaneiro de 2013, comezou a presentar un programa similar na cadea de capital iraniano Hispan TV: Fort Apache CMI. Pouco antes de comezar a emitir o programa, a canle deixou de emitir en TDT por orde do Ministerio de Industria, que a argumentaba como unha das sancións da Unión Europea contra o Goberno de Irán, aínda que continuou as súas emisións a través de Internet.[18][19] Por entón, os medios do Grupo Intereconomía alertaron sobre a presenza en España de canles radicais, poñendo como exemplo a Hispan TV, Canal 33 e Tele K ou a algúns contertulios de La Tuerka.[20][21]
Intereconomía e outros mediosEditar
En maio de 2013, Pablo Iglesias foi invitado ao programa El Gato al Agua[22] de Intereconomía para falar sobre a convocatoria de Asedio ao Congreso.[23][24] Tras esta participación, comezou a recibir solicitudes doutros medios e pasou a ser colaborador habitual nas tertulias políticas de El Gato al Agua, El cascabel al gato (13 TV), La Sexta Noche (laSexta) e Las mañanas de Cuatro.
Estas aparicións nos medios de masas valéronlle críticas positivas e negativas. Mentres en Diario Siglo XXI alaban o seu currículum e o seu estilo respectuoso dos seus contertulios,[25] en Periodista Digital calificano de fabricante de miseria e poñen en cuestión a súa actividade académica;[26] o director deste medio e Pablo Iglesias discuten a miúdo cando coinciden en La Sexta Noche.
ObraEditar
- Iglesias Turrión, Pablo; Espasandín, Jesús (coordinadores) (2007). Bolivia en Movimiento. Acción colectiva y poder político. Madrid: El Viejo Topo. p. 376. ISBN 978-84-96831-25-4.
- Iglesias Turrión, Pablo (2009). Multitud y acción colectiva postnacional. Madrid: Complutense de Madrid, Servicio de Publicaciones. p. 574. ISBN 978-84-692-1016-1.
- Iglesias Turrión, Pablo (2011). Desobedientes. Madrid: Popular. p. 249. ISBN 978-84-7884-498-2.
- Iglesias Turrión, Pablo; Monedero, Juan Carlos (2011). ¡Que no nos representan!: El debate sobre el sistema electoral español. Madrid: Popular. p. 127. ISBN 9788478845156.
- Iglesias Turrión, Pablo (editor) (2013). Cuando las películas votan. Lecciones de ciencias sociales a través del cine. Colección mayor. Catarata. ISBN 978-84-8319-831-5.
- Iglesias Turrión, Pablo (2013). Maquiavelo frente a la gran pantalla. Cine y política (en prensa). Pensamiento crítico. Akal. p. 158. ISBN 978-84-460-3876-4.
OutrosEditar
- Mignolo, Walter D. (2008). "Revisando las reglas del juego: conversación con Pablo Iglesias Turrion, Jesús Espasadín López e Iñigo Errejón Galván". Tabula Rasa (8). ISSN 1794-2489. Consultado o 13 de xullo de 2013.
NotasEditar
- ↑ "Iglesias confiesa que hizo cambiar su DNI en 2015 para no le llamaran Pablo Manuel". Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ Gálvez, José María Jiménez; López, Marién Kadner (2014-05-26). "Podemos se convierte en la sorpresa y logra cinco escaños en Estrasburgo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Así es el currículum de Pablo Iglesias: dos carreras, dos másteres y 23 páginas". El Economista (en castelán). 1 de xuño de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Iglesias Turrión, Pablo (2009). "Multitud y acción colectiva postnacional: un estudio comparado de los desobedientes: de Italia a Madrid (2000-2005)". Tese Doutoral (Madrid: Universidad Complutense de Madrid). ISBN 978-84-692-1016-1. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ Pablo Machuca (16 de febreiro de 2014). "Entrevista a Pablo Iglesias: "No es izquierda o derecha, es dictadura o democracia"". El Huffington Post (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
- ↑ Pablo Iglesias (2 de decembro de 2014). ""Las metáforas izquierda/derecha no sirven para empujar el cambio político" Entrevista [Vídeo]http://youtu.be/k8BepDfCUvk". Twitter (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ "¿Qué es la Fundación CEPS?". www.ceps.es. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ "Encuentro digital con Pablo Iglesias". elmundo.es. 23 de xullo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ "Biografía de Pablo Iglesias". Producciones Con Mano Izquierda. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ La Tuerka, ed. (5 de outubro de 2012). "Especial de La Tuerka en la Fiesta del PCE" (vídeo). Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ "Otra vuelta de Tuerka". Público. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ "Artículos de Pablo Iglesias en Kaosenlared.". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ Iglesias Turrión, Pablo (22 de xullo de 2006). "Asamblea constituyente y revolución". Bolivia. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ La Promotora, ed. (2010). "99 segundos one step beyond" (vídeo). Madrid. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ Molina, Pablo (19 de maio de 2010). "La Complutense revisará la Transición Española y la impunidad del Franquismo". Madrid: Libertad Digital. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ "I AM NOT A CROCK! “A la izquierda le falta imaginación”". www.diagonalperiodico.net. Consultado o 2019-12-18.
- ↑ "Pablo Iglesias, presentador de La Tuerka: “La objetividad no existe”". El Crítico de la Tele (blog). 2 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
a partir de un problema conjunto que tuvieron las dos cadenas con sus licencias, amenazadas por la Comunidad de Madrid, comenzaron a hacer emisiones y programas conjuntos. De esta manera entramos en contacto con Canal 33, que ofrecía unas características técnicas que permitían mejorar la calidad del programa
- ↑ Manrique, Patricia (10 de febreiro de 2013). "El PP se quita del medio a Press TV e Hispan TV". Cantabria: Diagonal. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ Manrique, Patricia (29 de xaneiro de 2013). "Suspenden la emisión del canal iraní Hispan TV a través de la TDT española". Madrid: RTVE.es. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ B.E.C. y J.M. (22 de xullo de 2012). "La iraní Hispan TV, el último canal radical que hace negocio en España". Madrid: La Gaceta. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ Carmona, J. Francisco (30 de abril de 2012). "Propaganda iraní en español". Madrid: La Gaceta. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ "Pablo Iglesias en El Gato al Agua". 24 de abril de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ EuropaPress (31 de marzo de 2013). "El 25S llama a "asediar" el Congreso el 25 de abril y a no abandonar hasta que dimita el Gobierno". Consultado o 1 de maio de 2013.
- ↑ Efe (16 de abril de 2013). "ESPAÑA / CONGRESO El Congreso no celebrará pleno durante el intento de "asedio" del 25S". Consultado o 1 de maio de 2013.
La Razón
- ↑ López, Mario (4 de xullo de 2013). "Pablo Iglesias y la conquista de la inteligencia". Diario Siglo XXI. Consultado o 13 de xullode 2013.
- ↑ "El fabricante de miseria Pablo Iglesias inunda la pantalla de resentimiento: "Ganabas 100.000 y otros sólo 450 euros, eso es violencia"". Periodista Digital. 4 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
argumenta que dedica tiempo a labores de despacho y a la "investigación", pero seguimos a la espera de ver su obra científica o sus hallazgos
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Iglesias Turrión |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial de Pablo Iglesias Turrión. (en castelán)
- Pablo Iglesias Turrión, na páxina oficial de Transparencia de Podemos. (en castelán)