La Tuerka foi un programa de televisión español de entrevistas. Producido por Producciones CMI, emitíase por Público TV a través de Internet, de luns a venres ás 22:00.

Nos inicios, o programa emitíase de luns a xoves de xeito simultáneo polas cadeas da Asociación de Televisiones Locales de la Comunidad de Madrid. Estas eran: Tele K Vallecas, Canal 33 Madrid Provincia Madrid, Tele Leganés, Tele Cuatro Caminos distrito de Chamberí y Tetuán, Canal Norte Alcobendas y San Sebastián de los Reyes, Tele Corredor Campiña del Henares en la Provincia de Madrid y Tele Alcalá. Co tempo, nalgunhas deixouse de emitir, ao desaparecer a canle, por débedas ou por non poderen conseguir unha frecuencia legal na súa demarcación.

Historia editar

La Tuerka naceu en 2010 como un programa de televisión afeccionado. Foi creado por persoas vinculadas á Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. A maioría pertencían á Asociación de Estudantes "Contrapoder" e á Rede de Investigadores "La promotora".[1] Primeiro emitíase en Tele K e logo en Canal 33 (canles TDT da Comunidade de Madrid), e finalmente a través de Internet en Público TV.[2] O primeiro programa foi emitido o 18 de novembro de 2010[1] e anunciou o seu fin o 30 de outubro de 2017.

Tempadas editar

Primeira tempada (novembro de 2010 - xuño de 2011)

Programa semanal en Tele K, presentado e dirixido por Pablo Iglesias.

Segunda tempada (setembro de 2011 - xuño de 2012)[3]

Programa semanal en Tele K, presentado e dirixido por Pablo Iglesias.

Terceira tempada (setembro de 2012 - 26 de xuño de 2013)[4]

Programa semanal en Canal 33, presentado e dirixido por Pablo Iglesias.

Cuarta tempada (setembro de 2013 - xuño de 2014)
Quinta tempada (30 de setembro de 2014-actualidade)

A quinta tempada empezou o 30 de setembro de 2014.[2] Nesta, La Tuerka pasou de ser un programa semanal a 4 programas diferentes.[5]

  • Otra vuelta de tuerka: Programa emitido os domingos, presentado por Pablo Iglesias, en que entrevistaba cara a cara a diversas personalidades. Entre outros, pasaron polo programa o presentador Jesús Cintora, a política e avogada Cristina Almeida[6] e o ex xogador de baloncesto Fernando Romay.[7][8]
  • La Tuerka Distrito Federal: Programa de investigación, reportaxe e debate presentado os martes por Noelia Beira e Tania Sánchez.
  • La Tuerka News: Programa informativo e humorístico presentado os mércores por Facu Díaz, Héctor Juanatey e Miguel Maldonado. Incluíuse aquí o espazo de humor La Pizarra de Masa, baseado xeralmente en vídeos de política de persoas que mostran certa ignorancia sobre os temas que tratan, analizados por MC Endesa.
  • En Clave Tuerka: Faladoiro presentado os xoves por Juan Carlos Monedero.

Premios editar

En 2013 e en 2014 o programa foi galardoado nos Premios Enfocados de Periodismo.[9][10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "La Tuerka - 01x01 - parte 1 - La visita del Papa". Consultado o 2022-03-23. 
  2. 2,0 2,1 "La Tuerka: la televisión como instrumento político según Pablo Iglesias". lamarea.com (en castelán). 2014-09-30. Consultado o 2022-03-23. 
  3. "La Tuerka (2): el arma política de una guerrilla televisiva - La Marea". lamarea.com (en castelán). 2014-10-15. Consultado o 2022-03-23. 
  4. "La Tuerka (3): una fábrica de munición para los combates cotidianos". lamarea.com (en castelán). 2014-11-11. Consultado o 2022-03-23. 
  5. Público (18 de setembro de 2014). "'La Tuerka' vuelve multiplicada en varias 'tuerkas'". Consultado o 31 de outubro de 2014. 
  6. El Boletín (13 de outubro de 2014). "Empieza el 'desfile' de personalidades en 'La Tuerka' de Pablo Iglesias". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2014. 
  7. Libertad Digital (7 de outubro de 2014). "La historia de amor de Pablo Iglesias y Jesús Cintora". Consultado o 31 de outubro de 2014. 
  8. Rivero, Jacobo (27 de outubro de 2014). "Pablo Iglesias y Fernando Romay hablan de baloncesto…". Consultado o 31 de outubro de 2014. 
  9. La Universidad Carlos III premia a Pablo Iglesias y 'La Tuerka' por su labor informativa. Público. 1 de outubro de 2013.
  10. Público (15 de outubro de 2014). "'Público' y 'La Tuerka', ganadores de los Premios Enfocados 2014". Consultado o 31 de outubro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar