Programa de televisión

Un programa é un conxunto de emisións periódicas transmitidas por televisión ou radio, agrupadas baixo un título ou cabeceira común, nas que a modo de bloque inclúese a maior parte dos contidos audiovisuais que se ofrecen nunha cadea. No ámbito profesional, non son considerados programas os bloques de contidos dedicados ás autopromocións, á continuidade e á publicidade convencional. Os programas televisivos serven para entreter, informar, entre outras finalidades.

Un último uso é o que se emprega na propia xerga dos medios. Os profesionais do medio utilizan este vocábulo para describir o contido que non é informativo, deportivo nin de ficción. Segundo esta acepción, unha serie, unha película, un partido de fútbol ou un telexornal non serían un programa, termo que quedaría reservado ás restantes liñas de programación (concursos, magazines, reality shows, late shows etc.), ás que tamén se coñece co nome xenérico de ent variedades. Tal distinción obedece á forma en que a maioría das cadeas organizan as súas distintas áreas de produción e outras fontes de televisión.

Xéneros de programas

editar

En función do contido emitido, un programa pode clasificarse en distintos xéneros e estar conectados en cadeas de xéneros. A continuación destácanse algúns deles:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar