Diversión
actividade efectuada durante o tempo libre
A diversión[1] é o uso do tempo dunha maneira planeada para o refresco terapéutico do propio corpo ou mente. Mentres que o lecer é máis ben unha forma de entretemento ou descanso, a diversión implica participación activa pero dunha maneira refrescante e alegre. A medida que a xente das rexións máis ricas do mundo leva cada vez estilos de vida máis sedentarios, a necesidade da diversión increméntase. O aumento das chamadas vacacións activas exemplifica esta tendencia.
A Real Academia Galega define o concepto de diversión como:
Acción de pasar o tempo de modo agradable recreando o ánimo.[1]
O entretemento é importante porque axuda a manter un equilibrio na vida entre os deberes e as ocupacións e unha boa saúde física e mental.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Diversión.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diversión |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|