Debate
Un debate é unha discusión organizada, dirixida e anunciada, propia da comunicación humana desde a antigüidade. O seu uso abarca moitos dominios da vida social. Utilizouse e utilízase en política para preparar decisións en asembleas, e en literatura, polo xeral, como unha forma de diálogo. Os corpos de deliberación, tales como parlamentos, asembleas lexislativas e reunións de todo tipo, teñen debates. O gañador do debate pode ser decidido polo voto da audiencia, por un xuíz, ou por ambos. Os debates formais entre candidatos para unhas eleccións, como os líderes dun partido político, son comúns na democracia.
Historia
editarDesde os debates públicos nas ágoras da Grecia antiga e dos diálogos de Platón, que son debates filosóficos, ata os debates virtuais, a historia do debate abarca tamén outras civilizacións ademais da europea.
Ensino
editarO debate considerado como acto propio da comunicación humana consiste na discusión acerca dun tema entre varias persoas. Trátase dun método formal de interacción e exposición de argumentos figurativos e é guiado por un moderador. O debate é unha forma máis longa de argumentar que de proporcionar argumentos lóxicos, dado que nun debate, as persoas que participan nel intentan influenciar os sentimentos dos seus opositores, para persuadilos nun tema.
Os debates informais como discusións son moi comúns, pero a cualidade de debate é mellor, dado que nel hai mostras de coñecemento e habilidade por parte dos seus participantes.