Mesa redonda de debate
- Non confundir coa Táboa Redonda da corte do rei Artur.
Unha mesa redonda (de debate) é un grupo de discusión de persoas en torno a un tema relevante, dirixida por un moderador, ante un auditorio constituído por persoas interesadas no tema. O moderador abre a sesión, concede a palabra alternativamente aos opoñentes, formula preguntas, controla o tempo de participación e pecha a sesión cunha síntese e un comentario persoal.[1]
Características da mesa redonda
editar- Forma de discusión a modo de conversación.
- Control parcial do moderador.
- Exposición de diferentes puntos de vista, feitos e actitudes sobre un tema.
- Máxima interacción entre os integrantes da mesa.
- Útil para definir puntos de acordo e desacordo e chegar a conclusións comúns.
- Fomento das relacións humanas e da habilidade para comunicarse.[2][3]
Preparación e desenvolvemento dunha mesa redonda
editar- Elixir un tema polémico.
- Ter claros os obxectivos da reunión.
- Seleccionar aos participantes co coidado de que teñan puntos de vista diverxentes sobre o tema.
- Elixir un moderador imparcial.
- Planificar previamente a reunión cos participantes, sen que haxa discusión preliminar.
- Dar un tempo (por exemplo, uns dez minutos) para unha primeira rolda.
- Establecer unha quenda onde o público exprese as súas opinións e faga preguntas aos participantes.
- Pechar a mesa cun resumo das ideas principais e a enumeración de conclusións por parte do moderador.[4][5]
Notas
editar- ↑ Definición (en castelán) Consultada o 13/3/2012.
- ↑ Universia. Mesa redonda Arquivado 26 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 13/3/2012.
- ↑ Gerza. Mesa redonda (en castelán) Consultada o 13/3/2012.
- ↑ "Universia. Mesa redonda". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2012.
- ↑ Gerza. Mesa redonda