Cabaleiros da Táboa Redonda
- Non confundir con Mesa redonda de debate.
Os cabaleiros da Táboa Redonda foron os homes premiados coa máis alta orde da Cabalaría, na corte do Rei Artur, no Ciclo Artúrico. A Táboa Redonda ou Mesa redonda, ao redor da cal eles se reunían, foi creada con este formato para que non tivese cabeceira, representando a igualdade de todos os seus membros. En diferentes historias, varía o número de cabaleiros, indo de 12 a 150 ou máis.[1] A Winchester Round Table, que data de 1270, é unha lista con 25 nomes de cabaleiros.
Código de cabalaría
editarSir Thomas Malory describe o código dos cabaleiros como:
- Nunca insultar nin asasinar;
- Evitar sempre a traizón;
- De ningunha forma ser cruel, mais conceder misericordia a quen pedir por ela;
- Sempre socorrer señoras, damas e viúvas;
- Nunca forzar señoras, damas ou viúvas;
- Nunca asumir loitas e querelas erradas por amor ou bens materiais.
- Sempre protexer o non matar.
- Axudar ao próximo.
Orixes da Táboa Redonda
editarO primeiro escritor a describir a Táboa Redonda foi o poeta do século XII Wace, cuxo Roman de Brut tomou como base a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth. Este recurso foi utilizado por moitos autores posteriores. Aínda, mesmo os primeiros autores atribúen a Artur un séquito de guerreiros extraordinarios; en Geoffrey, a corte de Artur atrae os maiores heroes de toda a Europa. No material artúrico galés, moito do cal está incluído nos Mabinogion, atribúense habilidades sobrehumanas aos homes de Artur. Algúns dos personaxes do material galés aparecen mesmo so nomes alterados como cabaleiros da Táboa Redonda nas novelas continentais, os mais notábeis dos cales son Cai (sir Kay), Bedwyr (sir Bedivere) e Gwalchmai (sir Gawain).
Lista de cabaleiros da Táboa Redonda
editarTeoricamente, a Táboa Redonda tería apenas 12 ou 24 cabaleiros, conforme as versións. No entanto, nas varias historias e versións das lendas, aparecen referidos como cabaleiros mais dunha centena de nomes, dos cales, os mais famosos van a seguir referidos.
Nota: nas versións medievais galego-portuguesas das historias da Táboa Redonda, os nomes dos cabaleiros eran moitas veces precedidas do título de nobreza don. Modernamente, por influencia anglosaxoa, mesmo nas linguas galega e portuguesa pasou a ser común preceder os nomes polo título británico correspondente (sir).
Nome | Variantes do Nome | Alcuña | Descrición | Obras Literarias |
---|---|---|---|---|
Accolon | Accolon de Galia | Amante de Morgana e inimigo de Artur | ||
Aglovale | Fillo do Rei Pellinore de Listinoise | |||
Agravain | Agraveine | Fillo do Rei Lot de Orkney | ||
Bedivere | Bedwir, Bedwyr | Condestábel e un dos principais conselleiros de Artur | ||
Boors | Bors, Bohort, Bohor | Boors, o Exilado | Rei de Gaunes (Galia), irmán de Leonel, primo de Lancelot e de Heitor. Un dos que chegou ao fin da demanda do Graal | |
Breunor | La Cote Male Taile | |||
Cador | ||||
Calogrenant | ||||
Caradoc | Karadoc | Caradoc Freichfras (Caradoc Brazo-Forte) | ||
Colgrevance | ||||
Constantino | Constantine | Fillo de Cador e que se tornou Rei após a morte de Artur | ||
Dagonet | Dragonet | O Bobo da Corte | ||
Daniel | ||||
Dinadan | Irmán de Daniel e Brunor | |||
Gaheris | Guerrehet | Fillo de Lot e de Morgause | ||
Galahad | Galaaz | Galahad o Valente (Galahad, o Valente Cabaleiro) | Fillo de Lancelot | |
Galehaut | Señor das illas afastadas | |||
Gareth | Gaheriet | Gareth, o Franco | Fillo de Lot e de Morgause | |
Gauvain | Galvam e Galvão (versións galego-portuguesas medievais), Gawain, Gauvaine, Gawaine, Balbhaidh, Gwalchmai | O Falcón | Fillo de Lot e de Morgause e sobriño de Artur | |
Geraint | Érec | Érec e Énide | ||
Gingalain | O Belo Descoñecido | Fillo de Gauvain | ||
Girflet | Jauffré | |||
Heitor | Hector, Ector | Heitor das Lagoas | Fillo do Rei Ban de Benoic e da Raíña Helena, padrasto de Artur e pai de Kay | |
Hoel | ||||
Hunbaut | ||||
Ivain | Ivaine, Ywain, Owain, Owains | O Cabaleiro do León | Fillo de Uriens e de Morgana. Un dos mellores cabaleiros, expulsado por Artur, mais a el fiel e ás demandas. Acompañado dun león. | Yvain, o Cabaleiro do León |
Ivain, o Bastardo | Ywain o Bastardo | Ywain o Aventureiro | Tamén fillo de Uriens | |
Kay | Cai, Kai, Keu, Caius, Caio | Senescal, frecuentemente asociado con Bedivere, un dos primeiros personaxes en formar parte dos Cabaleiros da Táboa Redonda de Artur | ||
Lamorak | ||||
Lancelot | Lanzarote, Lancelote, Launcelot | Lanzarote do Lago, O Cabaleiro da Carruaxe, O Cabaleiro Branco | Fillo do Rei Ban, medio-irmán de Heitor e Pai de Galahad. Criado por Viviane nun lago. Salvador e amante de Xenevra. | |
Leodegrance | Leodegrans, Léodagan | Pai de Xenevra e Gardián da Táboa Redonda | ||
Lionel | Leonel | Fillo do Rei Bohort | ||
Lucan | ||||
Maleagant | Dicíase quer era fillo bastardo de Leodegrance e secuestrou e violou a Xenevra | |||
Mordred | Mortret, Morderet (galego-portugués medieval) | Xove deus cornudo | Fillo ilexítimo de Artur e Morgana e destruidor do seu reino | |
Morholt | ||||
Palamedes | O Sarraceno | |||
Pelleas | ||||
Pellinore | Pai de Elaine, muller que casou con Lancelot, e foi mai de Galahad | |||
Perceval | Peredur, Percival, Persifal, Parsifal, Parcival, Parzifal | Perceval o Galés | Fillo de Pellinore e, nalgunhas versións, vencedor da demanda do Graal | |
Safir | Irmán de Palamedes | |||
Sagramore | Sagremor | Sagramor, le Desrée | Neto do emperador Adriano de Constantinopla | |
Tor | ||||
Tristán | Tristan, Tristam | Tristán de Lyonesse | Tristán e Iseu | |
Urien | Rei de Gore, foi casado con Morgana, irmá de Artur |
Segundo as varias versións da historia os vencedores da demanda do Graal foron Galahad, Perceval ou Bohort.
Notas
editar- ↑ Daniel Mersey, Myths & Legends: The Knights of the Round Table, page 4.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Chrétien de Troyes; Owen, D. D. R. (tradutor) (1988). Arthurian Romances. Nova York: Everyman's Library. ISBN 0-460-87389-X.
- Lacy, Norris J. (Ed.) (1 de abril de 1995). Lancelot-Grail: The Old French Arthurian Vulgate and Post-Vulgate in Translation, Volume 4 of 5. Nova York: Garland. ISBN 0-8153-0748-9.
- Malory, Thomas; Bryan, Elizabeth J. (introdución) (1994). Le Morte d'Arthur. Nova York: Modern Library. ISBN 0-679-60099-X.
- Loomis, Roger Sherman (1997). Celtic Myth and Arthurian Romance. Academy Chicago Publishers. ISBN 0-89733-436-1.
- Wilson, Robert H. The "Fair Unknown" in Malory. Publications of the Modern-Language Association of America (1943).