Caradoc ou Caradoc Freichfras («brazo forte») é unha figura semilendaria do século V ou VI na historia de Gales e un suposto antergo dos reis de Gwent. Tamén é mencionado nas lendas artúricas baixo o nome de Caradoc Briefbras («brazo curto») como un dos cabaleiros da Táboa Redonda.

Símbolo de Caradoc Freichfras

Rebelouse contra Artur cando se tornou rei, pero logo apoiouno. Ás veces, é identificado como dous personaxes, Caradoc, o Vello (un rei) e Caradoc, o Mozo (un cabaleiro).

Na literatura medieval é nomeado nos libros Perceval ou le Conte du Graal e Mabinogion.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar