Perceval ou le Conte du Graal

romance de Chrétien de Troyes

Perceval ou le Conte du Graal (en galego Perceval, o Conto do Graal) é un romance inacabado de Chrétien de Troyes. Escrito probabelmente entre 1181 e 1191, foi dedicado ao patrón do escritor, Filipe da Alsacia, conde de Flandres.[1] Chrétien traballara na obra a partir de escrituras fornecidas por Filipe. O poema relata as aventuras do mozo cabaleiro Perceval.

Escena da obra.

Sinopse

editar

A aprendizaxe como cabaleiro de Perceval

editar
 
Saída de Perceval, Manuscrito de Montpellier.

O poema comeza cun Perceval mozo encontrando cabaleiros e percibindo que a el tamén lle gustaría ser un. Súa mai criárao fóra dos dominios da civilización, nas forestas do País de Gales, desde a morte de seu pai. A contragusto de súa mai, o rapaz parte para a corte do rei Artur, onde unha rapaza prevé grandes conquistas na vida del. Kay búrlase del, mais tórnase cabaleiro e encoméndanlle derrotar o malvado Cabaleiro vermello, encarga que Perceval consegue cunha lanza. Despois, Perceval vai ao castelo de Gornemant de Goor, un experimentado cabaleiro, co cal aprende con rapidez.

No castelo do Graal

editar

O protagonista, xa armado cabaleiro por Gornemant, participa na defensa do castelo de Belrepeire, onde coñece a fermosa Brancaflor, da cal se namora. Tras isto, Perceval acode ao castelo do Graal, invitado polo Rei Pescador. Durante unha escena, ve unha estraña procesión onde se mostran tres elementos: unha lanza chea de sangue, un graal e un prato. Estes tres obxectos, así como o feito de que Perceval non pregunte sobre o seu significado (pois así fora aconsellado), están cargados de complexos simbolismos. A lanza representa a lanza sagrada, aquela que foi cravada no corpo de Cristo na cruz; o graal, a copa onde se recolleu o sangue de Cristo crucificado; e o prato alude ao que se utiliza para a eucaristía. Por outra parte, o silencio de Perceval ante a procesión terá terribles consecuencias para o Rei Pescador e para si mesmo (como lle explicará a súa prima). No día seguinte, el volta para a corte do Rei Artur.

Gotas de sangue sobre a neve

editar
 
Roman de Perceval, 1932

Perceval continúa as súas aventuras, algunhas compartidas con Gawain, un cabaleiro que é sobriño do rei Artur, e que cobra moito protagonismo na segunda metade da novela. Perceval, como bo cabaleiro, está idilicamente namorado da doncela Brancaflor, feito que lle permite ao autor recrearse en fermosas e poéticas pasaxes que testemuñan a paixón do protagonista.

Perceval e o ermitán

editar

Tras narrar algunhas peripecias ocorridas a Gawain, Perceval encontra un ermitán que lle explica certas cousas sobre el e ademais confírmalle as palabras da súa curmá sobre o seu erróneo comportamento no castelo do Graal.

Adaptación ao cine

editar

A pesar de se realizaren varias adaptacións ao cine co tema da lenda artúrica, Éric Rohmer filmou unha estraña e bela adaptación da obra de Chrétien de Troyes en Perceval le Gallois (1978).

  1. Lacy, Norris J. (1991). "Chrétien de Troyes". In Norris J. Lacy, The New Arthurian Encyclopedia, pp. 88–91. New York: Garland. ISBN 0-8240-4377-4.

Véxase tamén

editar