Chrétien de Troyes
Chrétien de Troyes, nado c. 1135 e finado c. 1183, foi un escritor da Idade Media e está considerado por algúns críticos como o creador da novela occidental.[1]
Chrétien de Troyes | |
---|---|
Nacemento | contra 1135 |
Troyes | |
Falecemento | c. 1183 |
Flandres | |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | escritor, poeta e novelista |
Xéneros | novela de cabalaría |
Coñecido/a por | Érec et Énide, Yvain, o Cabaleiro do León, Cligès, Perceval ou le Conte du Graal e Lanzarote ou o Cabaleiro da carreta |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Coñécese moi pouco sobre a súa vida. Suponse que naceu en Troyes, de orixe burguesa, estudou os clásicos e aprendeu grego. É case certo que viviu na corte de María de Francia (1145-1198) e Filipe de Alsacia, conde de Flandres, a quen dedicou a súa obra Perceval, a primeira sobre a Demanda do Santo Graal. Tamén foi o primeiro en escribir a historia dos Cabaleiros da Táboa Redonda, as chamadas historias do ciclo artúrico.
Era un xudeu que se converteu ao cristianismo. Probabelmente viña de aí o seu "pseudónimo", Chrétien, xa que poucos autores deste período asinaban os seus manuscritos). Algúns textos deixan transparentar unha certa inspiración na Kabala.
É considerado un dos primeiros escritores das novelas de cabalaría, onde mitos se unen á historia para construír a narrativa con eventos ora na esfera do real, ora do surreal. Escribiu: Érec et Énide, Cligès, Lancelot ou le Chevalier de la charrette, Yvain ou le Chevalier au lion, Perceval ou le Conte du Graal.
Moitas das súas obras inéditas foron queimadas nun incendio.
ObrasEditar
- Tristan et Iseult (Tristán e Isolda - perdida).
- Érec et Énide, sobre 1170.
- Cligès, sobre 1176.
- Lanzarote ou o Cabaleiro da carreta[2], sobre 1178-1181 (inacabado).
- Yvain ou le Chevalier au lion (Yvain, o Cabaleiro do León), sobre 1178-1181.
- Perceval ou le Conte du Graal, sobre 1182-1190 (inacabado).
NotasEditar
- ↑ Karl D. Uitti, Chrétien de Troyes Revisited, Twain: New York, 1995. ISBN 0805743073
- ↑ A traducción galega do "Cabaleiro da Carreta" (trad. de Santiago Gutiérrez García, publicación na revista Vicerversa).