Parsifal
Parsifal é unha ópera en tres actos con música de libreto en alemán de Richard Wagner. O propio compositor a cualificou de «Festival Escénico Sacro». Esta ópera está baseada no poema épico medieval (do século XIII) Parzival de Wolfram von Eschenbach, sobre a vida deste cabaleiro da corte do Rei Artur e a súa procura do Santo Graal. Wagner concibiu a obra en abril de 1857 mais só a completou 25 anos despois, estreándose en Bayreuth o 26 de xullo de 1882 (á estrea asistiron, entre outros, Vincent d'Indy e Ernest Chausson).
Parsifal | |
---|---|
Cartel da estrea en 1882. | |
Forma | Bühnenweihfestspiel ou festival sacro para a escena |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Wagner |
Fontes literarias | Os poemas Parsifal e Titurel de Wolfram von Eschenbach |
Estrea | 26 de xullo de 1882 |
Teatro da estrea | Festspielhaus |
Lugar da estrea | Bayreuth |
Duración | 4 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Richard Wagner |
Personaxes | |
Amfortas (barítono baixo) |
Wagner outorgoulle ao Festival de Bayreuth o monopolio absoluto das representacións de Parsifal durante os 30 anos posteriores á súa morte (ata 1913, incluído). Con todo, en 1903 o Metropolitan Opera de Nova York saltouse esta restrición e representou a ópera. En 1914 comezaron as representacións "legais" fóra de Bayereuth: o 1 de xaneiro programouse en numerosos teatros. O primeiro teatro en representala foi o Gran Teatre del Liceu de Barcelona, que comezou a representación ás 22 horas do día 31 de decembro de 1913, co permiso da familia Wagner, xa que, a consecuencia da diferenza horaria, esta hora correspondía coa media noite en Bayreuth.
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea 26 de xullo de 1882 (Director: Hermann Levi) |
Intérpretes na estrea no Met 24 de decembro de 1903 (Director: Alfred Hertz) |
---|---|---|---|
Parsifal | tenor | Hermann Winkelmann | Alois Burgstaller |
Kundry | soprano ou mezzosoprano |
Amalie Materna | Milka Ternina |
Gurnemanz, un veterán Cabaleiro do Graal | baixo | Emil Scaria | Robert Blass |
Amfortas, gobernador do reino do Graal | barítono | Theodor Reichmann | Anton van Rooy |
Klingsor, un mago | baixo-barítono | Karl Hill | Otto Goritz |
Titurel, pai de Amfortas | baixo | August Kindermann | Marcel Journet |
Dous cabaleiros do Graal | tenor, baixo |
Anton Fuchs Eugen Stumpf |
Julius Bayer Adolph Mühlmann |
Catro cabaleiros | soprano, alto, 2 tenores |
Hermine Galfy Mathilde Keil Max Mikorey Adolf von Hübbenet |
Katherine Moran Paula Braendle Albert Reiss Willy Harden |
Seis doncellas das flores | 3 sopranos, 3 contraltos o 6 sopranos |
Pauline Horson Johanna Meta Carrie Pringle Johanna André Hermine Galfy Luise Belce |
Isabelle Bouton Ernesta Delsarta Miss Förnsen Elsa Harris Lillian Heidelbach Marcia Van Dresser |
Voz desde o Alto, Eine Stimme | contralto | Sophie Dompierre | Louise Homer |
Cabaleiros do Graal, rapaces, doncellas de flores |
Instrumentación
editarA partitura de Wagner require a utilización de:
- 3 frautas, 3 óboes, corno inglés, 3 clarinetes en si bemol e la, clarinete baixo en si bemol e la, 3 fagots, contrafagot.
- 4 trompas en fa, 3 trompetas en fa, 3 trombóns, tuba.
- 4 timpani (2 instrumentistas), tambor, campás.
- 2 arpas.
- Archi (violíns I e II, violas, violoncellos e contrabaixos)
En escena:
- 2 trompetas en fa, 4 trombóns, campás de igrexa, máquina de trono
Notas
editar- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 343. ISBN 84-206-0284-1.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |