Metropolitan Opera
A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Metropolitan, o Met ou o Metropolitan Opera House) é un teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York, e é un dos máis coñecidos do mundo, famoso polas súas producións fastuosas, detallistas. É toda unha institución no mundo da ópera, xunto a A Scala de Milán, Ópera Garnier de París, o Teatro Colón de Buenos Aires ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Foi fundado en abril de 1880.
Metropolitan Opera | |
---|---|
A Ópera do Metropolitan no Lincoln Center for the Performing Arts | |
Cidade | Manhattan |
País | Estados Unidos de América |
Inauguración | 1880 |
Na rede | |
https://www.metopera.org/ e http://www.metopera.org/Season/Tickets/Fridays-under-40/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O teatro estivo situado antes noutra área da cidade, nun edificio deseñado por J. Cleveland Cady. Foi destruído por un incendio o 27 de agosto de 1892. Logo de ser renovado, seguiu funcionando alí ata 1966, cando se mudou á localización actual no Lincoln Center. O edificio orixinal foi demolido en 1967.
O actual teatro de ópera do Metropolitan foi deseñado polo arquitecto Wallace K. Harrison. Foi inaugurado o 16 de setembro de 1966, coa estrea da ópera Anthony and Cleopatra de Samuel Barber. No recibidor exhíbense dous inmensos murais creados especialmente para o espazo por Marc Chagall. A capacidade do edificio é de case catro mil persoas. O teatro ten a tecnoloxía necesaria para substituír diariamente o escenario da ópera que se representa, utilizando un complexo sistema de escenarios, tremoias e cicloramas. Esta calidade permite que no Metropolitan haxa funcións case todos os días do ano.
O Met ofrece un servizo de transmisión radiofónica en directo. A primeira transmisión realizouse o 25 de decembro de 1931, cunha produción da ópera Hänsel und Gretel de Engelbert Humperdinck.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |