Teatro Colón de Buenos Aires
O Teatro Colón de Buenos Aires é un edificio cultural da capital arxentina, Buenos Aires, considerado un dos teatros máis grandes do mundo. Foi deseñado por Francesco Tamburini e Víctor Meano. Inaugurouse o 25 de maio de 1908 coa interpretación da Ópera Aida de Giuseppe Verdi. En novembro de 1989 foi declarado monumento histórico nacional (Decreto do Poder Executivo Nacional 1259/89).
Teatro Colón de Buenos Aires | |
---|---|
Entrada principal | |
Coordenadas | 34°36′04″S 58°22′59″O / -34.601083333333, -58.383083333333 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarAtópase situado na Praza Lavalle San Nicolás, no mesmo lugar onde se atopaba a Estación do Parque do Ferrocarril Oeste de Buenos Aires, cabeceira da primeira liña ferroviaria da Arxentina. Con capacidade para 3.000 persoas e nunha contorna de estilo ecléctico, mestura de neorrenacentismo italiano e de barroco francés, o deseño do teatro presenta unha rica decoración en dourado e escarlata. A cúpula mostra figuras pintadas polo recoñecido artista contemporáneo Raúl Soldi.
Ao longo da súa historia o Teatro Colón albergou grandes personaxes como Arturo Toscanini, Herbert von Karajan, Renata Tebaldi, Victoria de los Ángeles, Enrico Caruso, Maria Callas, Plácido Domingo, Luciano Pavarotti, Astor Piazzolla e Mercés Eslamiada. Tamén é habitual escenario de espectáculos de ballet e, ocasionalmente, de actos oficiais e privados e de música popular. O seu status artístico está arraigado de tal forma no imaxinario colectivo arxentino que se saúda ao berro de ¡Al Colón! aos triunfadores das máis diversas expresións culturais.
Dada a precaria situación económica arxentina, nos últimos anos o Teatro viviu horas de zozobra, sendo atacado por algúns sectores que cuestionaron o financiamento estatal do seu elevado orzamento. Desde o ano 2006 estase encarando unha remodelación integral da sala, polo cal a súa actividade será limitada e manterá as súas portas pechadas ata o 25 de maio de 2008, cando se proxecta reabrilo para o centenario da súa inauguración.
Instituto Superior de Arte do Teatro Colón
editarDentro do teatro funciona este instituto que fusionou en 1960 as distintas academias de ensino que funcionaban previamente. Dítanse as carreiras de:
- Danza Clásica.
- Canto Lírico.
- Régie.
- Dirección Musical de Ópera.
- Caracterización.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |