Literatura medieval
Literatura medieval é un termo empregado para referirse a todos aqueles traballos escritos principalmente en Europa durante a Idade Media, isto é, durante os aproximadamente mil anos transcorridos desde a caída do Imperio Romano de Occidente até os inicios do Renacemento a finais do século XV. A literatura deste tempo estaba formada basicamente de escritos relixiosos e traballos segrares. Igual que na literatura moderna, é un tema de estudo amplo e complexo, que abrangue desde os escritos máis sagrados até os máis profanos. Por mor da grande amplitude espacial e temporal deste período é difícil falar da literatura medieval en termos xerais sen caer en simplificacións. Por esta razón, é máis axeitado caracterizar as obras literarias polo seu lugar de orixe, a súa lingua ou o seu xénero.
Anonimato
editarUnha gran cantidade de obras pertencentes á literatura medieval son anónimas. Isto non se debe unicamente á falta de documentos deste período, senón tamén a que o papel que xogaban os autores naquela época difire considerabelmente da interpretación romántica do termo na actualidade. Os autores medievais estaban sometidos con frecuencia aos escritores clásicos e aos Pais da Igrexacatólica, e tendían a re-escribir historias, que tiñan ouvido ou lido, máis que a crear historias novas. E incluso cando creaban unha nova historia, non adoita quedar claro quen era o autor, xa que atribuían certas ideas a outros libros doutros autores. Isto fai que o nome dos autores individuais sexa pouco ou nada importante, e por iso os grandes traballos da época nunca son atribuídos a unha persoa en concreto.
Literatura relixiosa
editarOs traballos relacionados coa teoloxía foron o tipo de literatura dominante ao longo da Idade Media; o clero católico era o centro intelectual da sociedade nesta época, razón pola que a súa produción literaria foi, con diferenza, a máis produtiva.
Numerosos himnos desta época sobreviviron o paso do tempo, tanto litúrxicos como paralitúrxicos. A liturxia en si non estaba establecida e numerosos misais competían e alegaban concepcións individuais da misa. Certos estudosos relixiosos como Anselmo de Canterbury, San Tomé de Aquino e Pierre Abélard escribiron longos tratados sobre teoloxía e filosofía, tratando de reconciliar as ensinanzas dos autores gregos e pagáns romanos coas doutrinas da Igrexa católica. As haxiografías -ou as vidas dos Santos- tamén se escribiron principalmente durante este período, a modo de estímulo para o devoto e de advertencia para o resto.
A Lenda Dourada de Santiago de la Vorágine alcanzou tal popularidade que, no seu tempo seguramente se leu máis que a Biblia. San Francisco de Asís foi outro prolífico poeta e os seguidores da súa orde, os franciscanos, acostumaban escribir poemas como unha expresión da súa piedade. As obras Dies Irae (Día da Ira) e Stabat Mater (Estaba a Mai) son probabelmente dous dos mellores poemas latinos en materia de relixión. A poesía goliárdica (estrofas de catro liñas de versos satíricos) foi unha forma de arte utilizada por algúns cregos para expresaren o seu desacordo nalgún tema. O único escrito relixioso amplamente estendido e non escrito por cregos foron os xogos misteriosos: perdendo co tempo promulgacións simples do tableaux dunha escena bíblica soa, cada auto relixioso converteuse na expresión do seu pobo dos acontecementos cruciais na Biblia. O texto destas obras teatrais normalmente controlábano as confrarías locais, e os autos relixiosos eran levados a cabo regularmente en días festivos determinados, con frecuencia durando todo o día e parte da noite.
Durante a Idade Media, a poboación xudía residente en Europa tamén produciu un certo número de escritores destacados. Maimónides, nado en Córdoba, e Rashi, nado en Troyes, son dous dos máis coñecidos e que máis influencia tiveron entre os autores xudeus.
Literatura profana
editarA literatura laica neste período non foi tan produtiva como a literatura relixiosa, pero gran parte do material sobreviviu e posuímos hoxe unha gran cantidade de obras da época críticas coa corrupción do clero.
O tema do amor cortés cobrou importancia no século XI, especialmente nas linguas romances, principalmente o francés, o español, o provenzal, o galego e o catalán, e nas linguas gregas, onde os cantantes ambulantes — os trobadores — gañaban a vida coas súas cancións. Os escritos dos trobadores acostuman ir asociados ao amor non correspondido, pero non sempre é así, como se pode ver na Alborada. En Alemaña, os Minnesänger continuaron a tradición dos trobadores.
Ademais dos poemas épicos típicos da tradición alemá, como o Beowulf oo o Cantar dos nibelungos, outros poemas épicos incluídos dentro dos cantares de xesta como o Cantar de Roldán e o Digenis Acritas, que tratan sobre a Materia de Francia e as cancións acríticas respectivamente, e os amoríos corteses á maneira da cortesía romance, que tratan sobre a Materia de Bretaña e a Materia de Roma, lograron alcanzar unha gran popularidade. O romance cortés non se distingue unicamente dos cantares de xesta polos temas tratados, senón tamén pola súa énfase no amor e no código de honor da cabalaría, en lugar de se centrar en accións de guerra.
Tamén se poden encontrar neste período poesías políticas, especialmente a finais da Idade Media, escritas tanto por cregos como por escritores laicos, que utilizaban a forma do goliárdico. A literatura de viaxe tamén foi moi popular nesta época, co obxectivo de entreteren a sociedade con historias de fabulosas terras máis alá das fronteiras que a maioría das persoas nunca cruzaran. Cabe salientar a importancia das peregrinacións nesta época, especialmente a Santiago de Compostela, fonte de fábulas e historias influídas pola prominencia dos Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer.
Literatura escrita por mulleres
editarA pesar de non estaren as mulleres medievais en igualdade de condicións cos homes (pois incluso abundaban os folletos misóxinos, aínda que moitas seitas -como os cátaros- ofrecían dereitos e un status maior á muller), algunhas mulleres foron quen de utilizar a súa habilidade coa palabra escrita para gañaren sona. A escritura relixiosa foi a opción máis doada para elas — as mulleres que eran posteriormente canonizadas como santas adoitaban ter publicado as súas reflexións, as súas revelacións e as súas oracións. A maior parte dos coñecementos actuais sobre as mulleres na Idade Media conseguíronse a través dos traballos realizados por monxas como Clara de Asís, Bríxida de Suecia e Catarina de Siena.
Porén, as perspectivas relixiosas das mulleres foron frecuentemente cualificadas de pouco ortodoxas polo poder establecido, e as experiencias místicas de autoras como Xiana de Norwich e Hildegarda de Bingen dannos unha visión dunha das experiencias medievais menos confortábeis para as institucións que gobernaron Europa nesa época. As mulleres tamén escribiron algúns textos influentes entre os escritos laicos — as reflexións no amor cortés e na sociedade por Marie de France e Christine de Pizan seguen sendo estudadas polos seus avanzados puntos de vista da sociedade medieval.
Literatura salientábel deste período
editar- A Alexiada, Ana Comnena.
- Digenis Acritas, autor grego anónimo.
- Beowulf, autor anglosaxón anónimo.
- O Cantar de Roldán, autor francés anónimo.
- Cantar de Mio Cid, autor anónimo.
- Cantigas de Santa María, Afonso X o Sabio.
- David de Sassoun, autor anónimo de Armenia.
- Cato (Distichs of Cato), Dionysius Cato.
- The Book of the City of Ladies, Cristina de Pizán.
- Book of the Civilized Man, Daniel of Beccles.
- El Libro de Buen Amor, Juan Ruiz.
- The Book of Margery Kempe, Margery Kempe.
- Brut, Layamon.
- Brut, Wace.
- Consolación da filosofía, Boethius.
- Contos de Canterbury, Geoffrey Chaucer.
- Decamerón, Giovanni Boccaccio.
- The Dialogue, Catarina de Siena.
- Passionibus Mulierum Curandorum, Trotula de Salerno.
- A Divina Comedia, Dante Alighieri.
- Dukus Horant, primeiro traballo amplo en Yidish.
- Edda poética, varios autores islandeses.
- Sir Gawain e o Cabaleiro Verde, autor inglés anónimo.
- Heimskringla, Snorri Sturluson.
- Historia ecclesiastica gentis Anglorum ("A historia eclesiástica da xente inglesa"), o Venerábel Bede.
- Hypnerotomachia Poliphili, Francesco Colonna.
- The Knight in the Panther Skin, Shota Rustaveli.
- Lais de María de Francia, Marie de France.
- The Letters of Abelard and Heloise.
- Das fließende Licht der Gottheit, Mechthild de Magdeburgo.
- Ludus de Antichristo, autor alemán anónimo.
- Mabinogion, varios autores galeses.
- Metrical Dindshenchas, poemas onomásticos irlandeses.
- Le Morte d'Arthur, Sir Thomas Malory.
- Cantar dos nibelungos, autor alemán anónimo.
- Njál's saga, autor islandés anónimo.
- Parzival, Wolfram von Eschenbach.
- Pedro o Labrego, William Langland.
- Proslogium, Anselmo de Canterbury.
- Revelations of Divine Love, Julián de Norwich.
- Roman de la Rose, Guillaume de Lorris e Jean de Meun.
- Scivias, Hildegard de Bingen.
- Sic et Non, Abelardo.
- Spiritual Exercises, Gertrude the Great.
- Summa Theologiae, San Tomé de Aquino.
- Táin Bó Cúailnge, autor irlandés anónimo.
- The Tale of Igor's Campaign, autor ruso anónimo.
- Tirant lo Blanc, Joanot Martorell.
- As viaxes de Marco Polo, Marco Polo.
- Tristán, Tomé de Inglaterra.
- Tristán, Béroul.
- Triumphs, Francisco Petrarca.
- Waltharius, Ekkehard.
- Edda prosaica, Snorri Sturluson.
- Yvain, o Cabaleiro do León, Chrétien de Troyes.
- Gesta Danorum, Saxo Grammaticus.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Literatura galego-portuguesa medieval
- Trobadorismo
- Prosa galega medieval
- Liturxia
- Arte da Idade Media
Ligazóns externas
editar- Biblioteca clásica e medieval en liña
- O Labirinto: Recursos para estudos medievais
- Proxecto Internet Medieval Sourcebook Arquivado 11 de outubro de 2000 en Wayback Machine.
- Información sobre a Idade Media e foros de discusión
- Miragres de Santiago (fragmentos do Libro IV), na Biblioteca Cervantes Arquivado 07 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.