Literatura en lingua inglesa

obras literarias escritas na lingua inglesa
(Redirección desde «Literatura inglesa»)

O termo literatura inglesa refírese á literatura escrita en lingua inglesa, incluíndo a literatura composta en inglés por escritores non necesariamente nacidos en Inglaterra tales como o polaco Joseph Conrad, o escocés Robert Burns, o irlandés James Joyce, o galés Dylan Thomas, o estadounidense Edgar Allan Poe, o indio Salman Rushdie ou o trinitense V.S. Naipaul . Noutras palabras, a literatura inglesa é tan diversa coma as variedades e dialectos do inglés falado por todo o mundo.

Dende un punto de vista académico, o termo a miúdo fai referencia a departamentos, materias e programas vencellados a estudos de inglés nos sistemas educativos secundarios e terciarios.

Períodos

editar

A literatura inglesa divídese nos seguintes períodos de produción: