Dylan Marlais Thomas, nado en Swansea o 27 de outubro de 1914 e finado en Nova York o 9 de novembro de 1953, foi un poeta galés. Escribiu poemas, ensaios, guións, relatos autobiográficos e a obra de teatro Under milk wood ("Baixo o bosque de leite"), que recibiu, na súa versión radiofónica, 1954, o Premio Italia en 1954.

Infotaula de personaDylan Thomas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(cy) Dylan Marlais Thomas Editar o valor em Wikidata
27 de outubro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Swansea, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGrave of Dylan Thomas (en) Traducir
St Martin's Church, Laugharne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDylan Thomas Boathouse (en) Traducir (1949–1953) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido
Gales Editar o valor em Wikidata
EducaciónBishop Gore (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , guionista , dramaturgo , escritor , novelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeCaitlin Thomas (1937–1953) Editar o valor em Wikidata
FillosLlewelyn Edouard Thomas (en) Traducir, Aeronwy Thomas (pt) Traducir, Colm Garan Hart Thomas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDavid John Thomas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Florence Hannah Williams (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNancy Thomas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGordon Thomas (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdylanthomas.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0858769 IBDB: 5151
Musicbrainz: 144f8dd2-f0dd-49df-94ae-d4062c64afc5 Songkick: 465605 Discogs: 382316 IMSLP: Category:Thomas,_Dylan WikiTree: Thomas-9078 Find a Grave: 2681 Editar o valor em Wikidata
Casa natal de Dylan Thomas.
Estatua de Dylan Thomas en Swansea.

Traxectoria editar

Dylan Marlais Thomas naceu na cidade de Swansea no sur de Gales. O pai era escritor, e Thomas foi educado exclusivamente en lingua inglesa, malia ser o galés a lingua de súa nai. O seu segundo nome, Marlais, debeullo ó nome bárdico de seu tío Gwilym Marles (de nome real William Thomas), pastor da igrexa unitaria.

A infancia de Dylan Thomas transcorreu en Swansea, onde estudou na escola na que seu pai era mestre de literatura inglesa. Foi na revista da escola onde publicou os seus primeiros poemas. Pasaba os veráns na granxa da familia materna en Carmarthen. Os contrastes entre a vida rural e a urbana déronlle material para moitas das súas obras, en especial para contos e emisións radiofónicas. Ós 16 anos deixou os estudos para traballar de xornalista no South Wales Evening Post, onde escribiu desde obituarios a críticas de cine e teatro. Xa nesta época era notoria a súa tendencia ó alcolismo.

Moitos dos poemas e contos de Dylan Thomas foron escritos na casa familiar do nº 5 de Cwmdonkin Drive. Alí foi escrita, por exemplo Death shall have no dominion ("A morte non terá dominio"), unha das súas composicións de máis sona. Cando publicou en novembro de 1934 o primeiro libro de poemas, Eighteen Poems ("18 poemas"), Thomas era xa un dos poetas novos máis coñecidos no ámbito anglosaxón, grazas ós poemas aparecidos en varias revistas. O libro recibiu os eloxios da crítica anglosaxoa.

O ano 1937, xa residente en Londres, casou con Gaitlin Macnamara, unha bailarina irlandesa, coa que tivo tres fillos, malia as difíciles relacións entre eles, as frecuentes infidelidades por ambas partes e a súa penosa situación económica. En xaneiro de 1939 naceu o primeiro fillo Llewelyn, en marzo de 1943 a súa filla Aeronwy e, en xullo de 1949 o fillo Colm Garan.

Thomas non foi chamado a filas durante a segunda guerra mundial por causa da súa mala saúde, pero traballou para o goberno escribindo textos propagandísticos. É entón cando empeza a traballar na radio, como escritor de guións e locutor. Na radio da BBC, a parte dos seus labores como comentarista, enceta outros proxectos, coma o poema dramático Under Milk Wood ("Baixo o bosque de leite") (póstumo, 1954). Aparecen os seus libros The World I Breath ("O mundo que respiro") e The Map of Love ("O mapa do amor"). En 1946 edita a que moitos consideran a súa obra máis importante: Deaths and Entrances ("Mortes e entradas").

Viaxou os Estados Unidos para probar sorte coma guionista de cine. Thomas chufábase da súa faceta de bebedor e coméntase que o 3 de novembro de 1953 comentou: “Bebín dezaoito whiskys; penso que é un récord”. Morreu o 9 de novembro de 1953 dunha hemorraxia cerebral despois de entrar en coma etílico durante unha xira de promoción. Estaba a redactar o libreto para unha ópera de Igor Stravinskii.

Foi enterrado no cemiterio de Laugharne, en Gales. A súa muller, Caitlin, que faleceu en 1994, está enterrada ó seu carón.

Estilo e influencias editar

Dylan Thomas é considerado o líder da literatura anglo-galesa e un dos poetas en lingua inglesa máis brillantes e, sobre todo, populares do século XX. O seu universo vivo e fantástico era unha reacción ás convencións sociais da súa época. Á contra de moitos escritores contemporáneos que amosaban tendencias sociais e políticas, Thomas escribiu unha poesía na que expresaba con paixón as súas emocións, ó que se traduce nun estilo poético intimo e lírico (Thomas escribiu, porén, catro poemas sobre a guerra, o máis famoso deles "A Refusal to Mourn the Death, by Fire, of a Girl in London"). Estaba máis preto dos poetas románticos que dos da súa xeración, da maior parte dos que difería polo uso da poesía oral. Este feito coincide coa maior difusión da radio e das técnicas de gravado e reprodución da voz. Caedmon, empresa promotora da audio-literatura, comezou as súas publicacións co poema de Thomas "A Child's Christmas in Wales" ("O nadal dun pícaro en Gales").

O seu amigo de infancia o compositor Daniel Jones, os poetas Vernon Watkins e Charles Fisher e os artistas Alfred Janes e Mervyn Levy facían parte do círculo de amigos de Dylan Thomas, chamado por algúns os Kardomah Boys, polo nome do café onde se reunían.

As súas obras máis coñecidas son a obra de teatro radiofónica Under Milk Wood, o poema dedicado a seu pai agonizante "Do not be gentle into that good night" e os contos A Child's Christmas in Wales e The Outing.

Obras editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar