Edgar Allan Poe, (/p/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.[1] Foi o primeiro escritor estadounidense con certa fama en tentar gañarse a vida só coa escritura, pasando por mor disto diversas dificultades económicas na súa vida e carreira profesional.[2]

Edgar Allan Poe
Nome completoEdgar Allan Poe
AlcumeEdgar A. Perry
Nacemento19 de xaneiro de 1809
Lugar de nacementoBoston
Falecemento7 de outubro de 1849
Lugar de falecementoBaltimore
Causavalor descoñecido
SoterradoWestminster Hall and Burying Ground
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade da Virgínia e Academia Militar dos Estados Unidos
Ocupaciónpoeta, escritor, ensaísta, crítico literario, dramaturgo, xornalista, escritor de ciencia ficción, crime fiction writer, novelista, autor, letrista e teórico literario
PaiDavid Poe Jr.
NaiElizabeth Arnold Poe
CónxuxeVirginia Eliza Clemm Poe
IrmánsWilliam Henry Leonard Poe e Rosalie Mackenzie Poe
Xénerospoesía
Coñecido porO Gato Preto, O pozo e o péndulo, Os crimes da rúa Morgue, The Oval Portrait, Tell Tale Heart, A narración de Arthur Gordon Pym, O corvo, A carta roubada, O escaravello de ouro, A Queda da Casa de Usher e William Wilson
Na rede
IMDB: nm0000590 Allocine: 36902 Allmovie: p313943 TCM: 358455 Metacritic: person/edgar-allan-poe TV.com: people/edgar-allan-poe IBDB: 5209
Facebook: EdgarAllanPoeAuthor Bitraga: 205 Dialnet: 3761019 Spotify: 6pcPyOpEwaoP9q7wOjqHx0 iTunes: 2066399 Musicbrainz: f72fcfda-b560-4f16-95e1-8c25acf60288 Discogs: 436717 IMSLP: Category:Poe,_Edgar_Allan Allmusic: mn0001585029 WikiTree: Poe-521 Find a Grave: 822 Deezer: 357570 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación e primeira publicación editar

Os seus pais foron David e Elizabeth Arnold Poe, mais o seu pai abandonounos ó pouco de nacer Edgar. A súa nai morreu en Richmond en 1811. Edgar foi acollido entón por Frances Allan e John Allan. Este nunca adoptou legalmente a Poe, mais si lle deu o seu apelido. As tensións desenvolvéronse posteriormente polas disputas entre John Allan e Edgar por mor das débedas deste último, incluíndo as provocadas polas apostas e os custos da súa educación secundaria. Poe asistíu á Universidade de Virxinia durante un semestre, pero deixou os estudos por falta de cartos. Mantivo un litixio con Allan sobre os cartos para a súa educación e finalmente alistouse no exército en 1827 baixo un nome falso. Foi neste tempo cando comezou a súa carreira literaria, se ben de forma humilde, coa colección anónima Tamerlane and Other Poems, acreditada a "un bostoniano". Coa morte de Frances Allan en 1829, Poe e John Allan reconciliáronse de forma temporal. Poe suspendeu as probas para oficial cadete en West Point, declarando o seu firme desexo de ser poeta e escritor, e finalmente puxo fin á súa relación familiar con John Allan.

Revistas e relatos curtos editar

En 1831 volve a Baltimore, á casa da súa tía María Clemn. Ese ano desátase a peste en Baltimore. Esta inspiroulle The King Pest (1834) e A Máscara da Morte Bermella (1842). En 1836 casou coa súa curmá Virginia Eliza Clemm Poe, de trece anos de idade (el tiña vinte e sete), en segredo. En 1837 trasladouse a Nova York e publicou As aventuras de Arthur Gordon Pym. En 1838 trasladouse a Filadelfia, onde traballou coma axudante de edición na revista Burton's Gentleman's. En 1840 a editorial Lea & Blanchard publica 25 relatos en dous volumes: Tales of the Grotesque and Arabesque. Deixa Burton's Gentleman's e comeza a tentar lanzar a súa propia revista crítica independente. Logo do primeiro fracaso nesa tentativa, entra en Grahan's Magazine.

Éxito editar

Foi entre os anos 1842-1847 en Nova York cando acadou o seu maior éxito, en particular logo de que o New York Times publicase o seu máis célebre poema: "O corvo". Chega a facerse co Broadway Journal como editor e propietario. En 1847 morre Virxinia, de [[tuberculose], e Poe colapsa no alcohol. Nos derradeiros días de lucidez publica Eureka, un poema en prosa sobre a creación e a evolución do Universo.

Obra editar

Entre as súas obras máis célebres cóntanse:

Notas editar

  1. Stableford 2003, pp. 18–19.
  2. Meyers 1992, p. 138.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar