O corvo[1] (en inglés: The Raven) é un poema narrativo escrito polo estadounidense Edgar Allan Poe. Publicado por vez primeira en xaneiro de 1845, o poema caracterízase pola súa musicalidade, linguaxe estilizada e atmosfera sobrenatural. Conta a misteriosa visita dun corvo parlante a un amante angustiado, trazando a lenta caída do home cara a tolemia. O amante, a miúdo identificado como un estudante,[2][3] láiase pola morte do seu amor, Lenore. Sentado no busto de Palas, o corvo semella angustiar aínda máis ó protagonista coa súa constante repetición da palabra "Nevermore" (Nunca máis). O poema emprega referencias folclóricas, mitolóxicas, relixiosas e clásicas.

O corvo
"O corvo" describe a misteriosa visita na medianoite dun corvo a un narrador en loito, ilustrado por John Tenniel (1858).
Título orixinalThe Raven
Autor/aEdgar Allan Poe
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Xénero(s)Poema narrativo
EditorialGalicia Urco Editora
Data de pub. 1845
Galicia 2008
Páxinas47
ISBNISBN 978-84-935638-1-3
TraduciónTomás González Ahola
editar datos en Wikidata ]

Poe afirmou ter escrito o poema de xeito lóxico e metódico, coa intención de crear un poema que atraese os gustos críticos e populares, como explicou nun ensaio de 1846, "The Philosophy of Composition". O poema foi inspirado en parte polo corvo parlante da novela Barnaby Rudge: A Tale of the Riots of 'Eighty de Charles Dickens.[4] Poe usa o ritmo complexo e a métrica do poema de Elizabeth Barrett "Lady Geraldine's Courtship", e usa a rima interna e a aliteración.

"O corvo" foi atribuído a Poe de maneira impresa en New York Evening Mirror o 29 de xaneiro de 1845. A súa publicación deulle popularidade a Poe na súa vida, aínda que non lle retribuíu moito éxito financeiro. O poema axiña foi reimpreso, parodiado e ilustrado. A opinión crítica está dividida en canto ó status literario do poema, aínda que segue a ser un dos poemas máis famosos xamais escritos.[5]

Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola[6] e foi publicado por Urco Editora no ano 2008.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 O corvo. Traducido por Tomás González Ahola (1ª ed.). Santiago de Compostela: Urco Editora. 2008. ISBN 978-84-935638-1-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Meyers, 163
  3. Silverman, 239
  4. Kopley & Hayes, 192
  5. Silverman, 237
  6. Urco Editora (ed.). "O corvo por Urco Editora". Consultado o 18 de xullo de 2019.