O auto sacramental é unha peza teatral de carácter relixioso propia de España que se representaba o día do Corpus Santo desde o século XVI ata a súa prohibición en 1765. Baseábase nunha tradición dramática-teatral litúrxica e relixiosa medieval, os misterios, e desenvolve nun acto episodios bíblicos ou haxiográficos e accións alegóricas sobre conceptos morais, transmitindo a cosmovisión católica de xeito edificante. A Eucaristía é o centro do auto sacramental.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.