Saxo Grammaticus
Saxo Grammaticus, nado en Selandia aproximadamente entre o 1150 e o 1220, foi un historiador medieval dinamarqués de cuxa vida apenas hai datos. Atribúenselle os dezaseis libros de historia dinamarquesa da súa época, englobados baixo o título Gesta Danorum.
Saxo Grammaticus | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1150 |
Lugar de nacemento | Selandia |
Falecemento | 1220 e c. 1206 |
Nacionalidade | Dinamarca |
Relixión | cristianismo |
Alma máter | Roskilde Cathedral School |
Ocupación | historiador e escritor |
Coñecido por | Gesta Danorum |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Gesta Danorum Editar
No prefacio de Gesta Danorum relata que o seu pai e avó serviron baixo o rei Valdemar I de Dinamarca, como guerreiros, e que el mesmo serviría a Valdemar II de Dinamarca, dun modo máis espiritual. O seu elegante latín e os seus coñecementos sobre a Antiga Roma, presentes fan supoñer que recibiu a súa educación fóra de Dinamarca, quizais nalgunha das grandes escolas eclesiásticas de Francia.
Probablemente foi a súa versión da saga do príncipe dinamarqués Amled a que inspirou a Shakespeare para o seu Hamlet.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Versión en inglés dos libros I ao IX: Biblioteca clásica e medieval online
- Versión en latín dos libros I ao XVI Biblioteca Real de Dinamarca