William Shakespeare
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, bautizado o 26 de abril de 1564, e finado o 23 de abril[1] de 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés, considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. A súa obra é tal, que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.
William Shakespeare | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de abril de 1564 e abril de 1564 |
Stratford-upon-Avon e Stratford-on-Avon | |
Falecemento | 23 de abril de 1616 |
Stratford-upon-Avon | |
Causa | Febre |
Soterrado | Holy Trinity Church |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Etnia | Pobo inglés |
Alma máter | King Edward VI School, Stratford-upon-Avon |
Ocupación | dramaturgo, poeta, actor de teatro, escritor, actor e Dramaturgo |
Pai | John Shakespeare |
Nai | Mary Shakespeare |
Cónxuxe | Anne Hathaway (1582) |
Fillos | Susanna, Hamnet, Judith |
Irmáns | Joan Shakespeare, Edmund Shakespeare, Gilbert Shakespeare, Richard Shakespeare, Anne Shakespeare, Margaret Shakespeare e Joan Shakespeare |
Período | Renacentista inglés |
Xéneros | Traxedia, comedia, histórica, fantasía, xuízos críticos |
Coñecido por | Hamlet, Romeo e Xulieta, Ao voso gusto, Macbeth, Soño dunha noite de San Xoán, Sonetos de Shakespeare, The Taming of the Shrew, The Two Gentlemen of Verona, King John, Richard II, Henry IV, Part 1, Henry IV, Part 2, Henrique V, Henry VI, Part 1, Henry VI, Part 2, Henry VI, Part 3, Richard III, Henry VIII, Love's Labour's Lost, O mercader de Venecia, Muito Barulho por Nada, The Merry Wives of Windsor, Noite de reis, All's Well That Ends Well, Medida por medida, Titus Andronicus, Julius Caesar, Otelo, O rei Lear, Antony and Cleopatra, Coriolanus, Timon of Athens, Troilo e Créssida, Cymbeline, The Winter's Tale, Pericles, Prince of Tyre, A tempestade, Os Dois Nobres Parentes e The Comedy of Errors |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Primeiros anosEditar
William Shakespeare[2] era fillo de John Shakespeare, un fabricante de luvas e concelleiro de Snitterfield e de Mary Arden, de familia fidalga. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero suponse que foi tres días antes do bautismo, entre outras razóns para permitir a simetría coa data da súa morte (que, no calendario gregoriano sería o 3 de maio), día tamén de San Xurxo, patrón de Inglaterra.
Shakespeare posibelmente estudou na Grammar School King Edward VI de Stratford, que destacaba polo ensino do latín e a literatura. Trátase tamén dunha suposición baseada no posto que desempeñaba o seu pai no concello, que lle daba dereito de matrícula nela. O 28 de novembro de 1582, aos dezaoito anos, casou con Anne Hathaway, que tiña vinte e seis e estaba embarazada de tres meses.
Non se sabe máis de Shakespeare nos anos seguintes, a excepción dos nacementos de Susanna (1583) e Hamnet e Judith (1585).
Londres e a súa carreira no teatroEditar
Para 1592, Shakespeare xa se establecera como dramaturgo en Londres e xa gozaba dunha reputación que motivou a Robert Greene a mofarse del. A finais de 1594 actuaba, escribía e era co-propietario dunha compañía, os Homes do Lord Chamberlain, que recibía o nome do seu mecenas. Desfrutaban de tanto crédito que, após a morte de Isabel I de Inglaterra, o novo monarca, Xaime I de Inglaterra (1603) adoptou a compañía, que pasou a denominarse Os Homes do Rei.
En 1596 Shakespeare vivía na parroquia de St. Helen's, en Bishopsgate e dous anos máis tarde encabezaba unha lista de actores en Cada home no seu humor, de Ben Johnson. Tamén en 1598 o seu nome comezou a aparecer no frontispicio das súas obras, posibelmente para atraer compradores.
Existe a tradición de que Shakespeare, ademais de redixir moitas das obras que representaba a súa compañía e de ter que dedicar parte do seu tempo a xestionar a compañía da que era co-propietario, continuaba a representar papeis nas obras, como o fantasma do pai de Hamlet, Adam en Como goste e como coro en Henrique V.
Parece ser que en 1599 se trasladou para o sur do río Támese, a Southwark. En 1604 trasladouse de novo para a ribeira norte, preto da catedral de San Paulo, onde residía cunha familia hugonote, os Montjoy. Durante esta estancia axudou no casamento da filla destes co seu aprendiz Stephen Bellott. Máis tarde Bellott denunciou ao seu sogro por non ter aportado o dote prometido e Shakespeare tivo que declarar como testemuña.
Consérvanse diversos documentos legais e mercantís que mostran que Shakespeare se foi enriquecendo durante a súa estadía en Londres até permitirse adquirir unha propiedade en Blackfriars e a segunda casa máis grande de Strattford.
Últimos anosEditar
As dúas derradeiras obras escribiunas en 1613 e parece que logo se retirou a Stratford. Morreu á idade de 52 anos, aínda casado con Anne. Sobrevivíronlle as súas dúas fillas. Susanna casou, mais hoxe en día non hai descendentes de Shakespeare.
Está soterrado na chancelería da Igrexa da Santísima Trindade en Stratford-upon-Avon, honra que non se debeu á súa fama como dramaturgo senón por ter adquirido ese dereito por 440 libras (unha cantidade considerábel na época). Un monumento, erguido pola súa familia no muro máis próximo da súa tumba, móstrao no acto de escribir. Cada ano, na data do seu nacemento, colócaselle unha pluma nova na man.
Como anécdota, Shakespeare foi coetáneo de Cervantes, e ambos finaron na mesma data (se ben, non no mesmo día, posto que entón rexía un calendario diferente en Inglaterra e en España).
ObraEditar
As súas obras[3] foron escritas entre 1588 e 1616, mais é bastante difícil establecer datas aproximadas.
CronoloxíaEditar
- 1590 (1598) Henrique VI, Parte I
- 1590 (1594) Henrique VI, Parte II
- 1590 (1595) Henrique VI, Parte III
- 1592 (1602) Ricardo III
- 1592 (1623) A comedia dos erros
- 1593 (1594) Tito Andrónico
- 1593 (1623) Taming of the Shrew
- 1594 (1623) Os dous cabaleiros de Verona
- 1594 (1598) Love's Labour's Lost
- 1594 (1597) Romeo e Xulieta
- 1595 (1597) Ricardo II
- 1595 (1600) O soño dunha noite de San Xoán
- 1596 (1622) O rei Xoan
- 1596 (1600) O mercader de Venecia
- 1597 Henrique IV, Parte I
- 1594-1597 (1603?) Love's Labour's Won
- 1598 (1600) Henrique IV, Parte II
- 1599 Henrique V
- 1599 (1623) Xulio César
- 1599 (1600) Much Ado About Nothing (Moito barullo por nada)
- 1599 (1623) Ao voso gusto
- 1597-1600 (1602) The Merry Wives of Windsor (traducida primeiro por Antón Vilar Ponte co título Xan entre elas[4] e posteriormente como As alegres casadas por Manuel Guede e Eduardo Alonso[5])
- 1601 (1603) Hamlet, príncipe de Dinamarca
- 1602 (1623) Noite de reis
- 1602 (1609) Troilus e Cressida
- 1603 (1623) All's Well That Ends Well
- 1604 (1623) Medida por medida
- 1604 (1622) Othello
- 1605 (1608) O rei Lear
- 1605 (1623) Macbeth
- 1606 (1623) Antonio e Cleopatra
- 1607 (1623) Coriolano
- 1607 (1623) Timón de Atenas (teatro)
- 1608 (1609) Pericles Príncipe de Tiro
- 1609 (1623) Cymbeline
- 1610 (1623) Conto de Inverno
- 1611 (1623) A tempestade
- 1612 (1623) Henrique VIII (probablemente escrito en colaboración con John Fletcher)
- 1612 (1728) Cardenio (escrito en colaboración con John Fletcher)
- 1612 (1634) The Two Noble Kinsmen (escrito en colaboración con John Fletcher)
NotasEditar
- ↑ Data correspondente ao calendario xuliano vixente entón en Inglaterra, equivale ao 3 de maio do calendario gregoriano
- ↑ Sobre o nome de Shakespeare véxase Fausto Cercignani, Shakespeare's Works and Elizabethan Pronunciation, Oxford: Clarendon Press. ISBN 978-0198119371, p. 1 e David Kathman, http://shakespeareauthorship.com/name1.html
- ↑ "William Shakespeare". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ A tradución da métrica. Prácticas co Macbeth de Shakespeare en galego, Fernando Pérez-Barreiro Nolla, revista Viceversa, (2009) 13-22.
- ↑ Ficha Arquivado 07 de agosto de 2020 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Shakespeare |
A Galicitas posúe citas sobre: William Shakespeare |
BibliografíaEditar
- Ackroyd, Peter (2006). Shakespeare: The Biography. Londres: Vintage. ISBN 978-0-7493-8655-9..
- Adams, Joseph Quincy (1923). A Life of William Shakespeare. Boston: Houghton Mifflin. OCLC 1935264..
- Baer, Daniel (2007). The Unquenchable Fire. Xulon Press. ISBN 978-1-60477-327-9..
- Baldwin, T. W. (1944). William Shakspere's Small Latine & Lesse Greek 1. Urbana, IL: University of Illinois Press. OCLC 359037.
- Barber, C. L. (1964). Shakespearian Comedy in the Comedy of Errors. England: College English 25.7..
- Bate, Jonathan (2008). The Soul of the Age. Londres: Penguin. ISBN 978-0-670-91482-1..
- BBC News (28 de maio de 2008). "Bard's 'cursed' tomb is revamped". British Broadcasting Corporation. Consultado o 23 de abril de 2010.
- Bentley, G. E. (1961). Shakespeare: A Biographical Handbook. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-313-25042-1. OCLC 356416..
- Berry, Ralph (2005). Changing Styles in Shakespeare. Londres: Routledge. ISBN 0-415-35316-5..
- Bertolini, John Anthony (1993). Shaw and Other Playwrights. Pennsylvania: Pennsylvania State University Press. ISBN 0-271-00908-X..
- Cercignani, Fausto (1981). Shakespeare's Works and Elizabethan Pronunciation. Oxford: Clarendon Press. ISBN 978-0198119371..