Clara de Asís, nada como Chiara Offreduccio en Asís (Umbría) o 16 de xullo de 1194 e finada o 11 de agosto de 1253, foi unha santa italiana, seguidora fiel de Francisco de Asís e fundadora da Orde de Santa Clara, referente feminino da vida franciscana.[1]

Modelo:BiografíaClara de Asís

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Chiara Offreduccio Editar o valor en Wikidata
16 de xullo de 1194 Editar o valor en Wikidata
Asís, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1253 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Asís, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santa Clara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abadesa
1215 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMisticismo, Oración e administración de empresas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonxa, mística, filósofa, fundadora de orde ou congregación, autora, escritora relixiosa, Poor Clare nun (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de tempoIdade Media Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santa Clara Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de agosto Editar o valor en Wikidata
Patrón deDoença ocular (pt) Traducir, orfebre, Obando (pt) Traducir, Santa Clara Pueblo (pt) Traducir, costureira, dourador (pt) Traducir, bordador (pt) Traducir, televisión, Coada, Orde de Santa Clara, Asís e Florencia Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
NaiOrtolana Editar o valor en Wikidata
IrmánsAgnes of Assisi Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
28 de marzo de 1212clothing ceremony (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
The Nuttall Encyclopædia >>>:Clare, St.
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1044799 Musicbrainz: d20cdf06-3c95-47dc-80ab-48f23dd9fb58 WikiTree: Offreduccio-1 Find a Grave: 5119 Editar o valor en Wikidata
Clara de Asís, fresco de Giotto, na Basilica da Santa Cruz de Florencia.

Traxectoria

editar

Clara de Asís naceu froito do matrimonio formado por Favorino Scifi, conde de Sasso-Rosso, nobre e rico cabaleiro, e Ortolana Fiumi. Ortolana era unha grande devota e xa emprendera peregrinacións aos santos lugares de Roma, Santiago de Compostela e Xerusalén.[2]

En 1210, Clara de Asís establece o seu primeiro contacto coas novas achegas franciscanas (orde relixiosa creada pouco antes polo papa Inocencio III) acolléndoas con grande agarimo e entusiasmo. O 20 de marzo de 1212, a familia decide casala con Paolo Di Gandria, cabaleiro cruzado, nado en Perugia. Na súa desesperación, Clara renunciou á súa condición e fuxiu da casa paterna atopando acubillo no mosteiro de San Damiano onde permaneceu até a súa morte. Vestía túnicas grosas e rudas e lucía o cabelo rapado para indicar a súa aceptación dos votos de pobreza, castidade e obediencia.

Nun primeiro intre, refuxiouse no mosteiro beneditino de San Paolo delle Abadesse, para posteriormente ingresar en Sant'Angelo in Panza na localidade de Mont Subasio. A súa irmá máis nova Agnese tamén fuxiría da casa paterna para seguila até Sant'Angelo. Finalmente Santa Clara e a súa irmá trasladaríanse a San Damiano, onde fundarían a Orde das Damas Pobres (tamén coñecida como Orde de San Damiano) primeiro vestixio da futura Orde de Santa Clara.

A diferenza da Orde Franciscana, cuxos membros predicaban por todo o país, as irmás de Santa Clara víronse relegadas á máis absoluta vida monacal, xa que un plan de vida itinerante era inimaxinable para a muller daquel tempo. Deste xeito as súas vidas circunscribíanse á oración e aos traballos manuais no mosteiro.

Nos seus comezos a orde foi dirixida por Francisco de Asís, porén, en 1216, Santa Clara convértese na abadesa de San Damiano, defendendo a súa orde das tentativas de prelados de imporlles unha régula que máis se semellaba á Régula de San Benedito que aos estritos votos da vida franciscana.[3] Santa Clara tamén xogou un papel significativo na vida de Francisco de Asís, téndoo como pai espiritual e prestándolle diversos coidados durante as súas enfermidades até a súa morte en 1226.[4][5]

Logo da morte de San Francisco, Clara de Asís promoveu aínda máis a súa orde, frustrando cada tentativa papal de imporlles unha régula ás irmás clarisas.[6] Este feito amoleceu o compromiso radical ao que se abrazara un tempo.

Foi coñecida pola súa lealdade a San Francisco, polo que se lle chegou a coñecer como alter Franciscus, outro Francisco.[3]

O 9 de agosto de 1253, a bula papal Solet annuere promulgada polo papa Inocencio IV confirmou a Orde de Santa Clara como herdeira de Orde das Damas Pobres.[7][8] Dous días despois, o 11 de agosto, Santa Clara morrería á idade de 59 anos .

O 15 de agosto de 1255, o papa Alexandre IV declarou santa a Clara de Asís na catedral de Anagni, rematando así un rápido proceso de canonización. En 1263, o papa Urbano IV oficialmente muda o nome de "Orde das Damas Pobres" por Orde de Santa Clara. O 17 de febreiro de 1958, o papa Pío XII nomeouna patroa da televisión tendo en conta que supostamente a santa experimentara con todos os seus sentidos as exequias fúnebres de San Francisco estando fisicamente na súa alcoba monacal.[9]

As súas reliquias poden ser contempladas na cidade italiana de Asís.

En Galicia

editar

En Galicia dous lugares levan o nome de Santa Clara: Santa Clara de Novás, en San Pedro de Muro (Porto do Son), e Santa Clara en Xanza (Valga). Amais, varios conventos levan o seu nome, como os de Allariz, Santiago de Compostela, Tui ou e Pontevedra.

Santa Clara é avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegurar o sol no día da voda, é costume en Santiago, Pontevedra e A Coruña levar ovos a Santa Clara.[10][11][12] Tamén en Santiago, desde hai pouco[cando?], pídeselle que interceda para conseguir boas notas nos exames[Cómpre referencia].

  1. "CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: St. Clare of Assisi". www.newadvent.org. Consultado o 2022-11-20. 
  2. "Ortolana, la madre di S. Chiara". www.fraticappuccini.it. Consultado o 2022-11-20. 
  3. 3,0 3,1 Online, Catholic. "St. Clare of Assisi - Saints & Angels". Catholic Online (en inglés). Consultado o 2022-11-20. 
  4. Media, Franciscan. "Saint Clare of Assisi | Franciscan Media". www.franciscanmedia.org (en inglés). Consultado o 2022-11-20. 
  5. "K. Esser, Los escritos de san Francisco a santa Clara de Asís". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20. 
  6. "El itinerario histórico de la Regla de Santa Clara de Asís". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20. 
  7. "C. A. Lainati: Regla de santa Clara de Asís". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20. 
  8. "E. Grau, Confirmación papal de la Regla de santa Clara". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20. 
  9. "Chiara d'Assisi - La Comunicazione". www.lacomunicazione.it. Consultado o 2022-11-20. 
  10. "Huevos para que no llueva en las bodas". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 
  11. "Convento Santa Clara Pontevedra: cousas que non sabías". santaclarapontevedra.gal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-20. 
  12. Otero, Marta (2019-07-06). "La vida secreta de las Clarisas en A Coruña". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • BARTOLI, M. (1989). Chiara d'Assisi. Roma: Instituto Storico dei Cappucini.
  • BARTOLI, M. (2012). La Santidá di Chiara d'Assisi. Asís: Edizione Porziuncola.
  • BOCCALI, G. (2003). Santa Chiara d'Assisi sotto processo. Lettura storico spirituale degli atti di cannonizzazione. Asís: Edizione Porziuncola.
  • DA CELANO, T. (2002). Vita di S. Chiara vergine d'Assisi. Asís: Edizione Porziuncola.
  • FRUGONI, C. (2006). Una solitudine abitata. Chiara d'Assisi. Bari: Editori Laterza.
  • FRUGONI, C. (2011) Storia di Chiara e Francesco. Turín: Giulio Einaudi editore.

Ligazóns externas

editar