San Pedro de Muro, Porto do Son
Coordenadas: 42°37′11″N 09°01′21″O / 42.61972, -9.02250
San Pedro de Muro é unha parroquia situada no sur do concello de Porto do Son. Segundo o INE, no 2018 tiña 852 habitantes (431 homes e 421 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.
San Pedro de Muro | |
---|---|
![]() Igrexa de San Pedro de Muro. | |
Concello | Porto do Son[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 852 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Igrexa parroquialEditar
Trátase dunha igrexa que data do ano 1720, sinxela en canto a formas e ornamentación a excepción da fachada principal, de inspiración neoclásica, que lle foi engadida posteriormente.
O interior conta cunha única nave dividida pola transepto. No exterior destaca a xa citada fachada neoclásica con abundante decoración, así como o campanario dividido en tres corpos.
Ermida de San Bieito de SeránsEditar
Capela cunha planta rectangular con muros de cantería. Ten unha nave principal, un presbiterio (ambos cubertos mediante unha bóveda de canón) e unha sancristía.
O exterior carece de ornamentación e destaca unha espadana con dúas arcadas.
Outros elementosEditar
No lugar do Campo das Patas áchanse as Mámoas de Campo das Patas.
Muro na literatura popularEditar
- Na miña vida tal vin/ nesa aldea de Seráns:/ unha cadela con pitos,/ unha galiña con cans [2].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de San Pedro de Muro, Porto do Son.
Praia de Espiñeirido, no límite co concello de Ribeira.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de San Pedro de MuroEditar
Lugares da parroquia de San Pedro de Muro no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
Alboreda | Os Anovados | O Arrús | As Barreiras | Basoñas | O Campo de Patas | O Canido | A Canteira | Carballosa | Cimadevila | Espiñeirido | Fonte Espiñosa | A Igrexa | O Lapido | A Pedreira | Prado de Cima | Rial | O Ribeiro | Santa Clara de Novás | Seráns |
Parroquias de Porto do SonEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 188. No texto: vín, n-esa, cáns. Seráns é lugar de San Pedro de Muro pero a cantiga está recollida en Palmeira (Ribeira).