Noal, Porto do Son

parroquia civil do concello de Porto do Son

San Vicente de Noal é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Limita ó nordeste coa parroquia de Nebra, ó sur coa de Baroña, ó leste co concello de Boiro, e ó oeste a parroquia está bañada pola ría de Muros e Noia. Nesta parroquia atópase a capital do concello. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 2.431 habitantes (1.223 homes e 1.208 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Noal
Igrexa parroquial
ConcelloPorto do Son[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°43′38″N 8°59′46″O / 42.72722222, -8.99611111Coordenadas: 42°43′38″N 8°59′46″O / 42.72722222, -8.99611111
Poboación2.431 hab. (2020)
Entidades de poboación22[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

A orografía é chá ó norte do centro urbano da capital do concello, aínda que ó sur e ó leste (ó oeste está o mar), o terreo está basicamente ocupado polo monte, que é sobre todo de piñeiro e eucalipto. Exemplos de montes da parroquia de Noal son A Tarela e Dordo, entre outros.

A costa da parroquia é moi accidentada, cunha gran cantidade de praias rochosas e con acantilados, como o da Atalaia, onde está a capela do Carme, ou o que está sobre a cova de Fonforrón. Tamén hai longas praias de area fina, como a de Fonforrón, do Cruceiro e Cabeiro.

Patrimonio editar

A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi construída entre 1775 e 1790. Reedificada sobre un templo medieval románico, ten planta de cruz latina, cunha nave principal e dúas transversais de diferente ancho. Os muros alternan a cachotería e a cantería, sendo esta última empregada para a fachada principal e para o contorno dos panos. Tanto a nave principal como as transversais rematan nunha bóveda de canón na parte superior.

O cruceiro leva catro arcos de medio punto para dar acceso ás capelas laterais e ao presbiterio. A decoración limítase á fachada principal, onde destaca o campanario sobre peana cadrada, formada por dous corpos estilizados con ornato aínda de procedencia barroca, con remate nunha cupuliña con pináculo. O resto da fachada leva un arco de medio punto sobre semicolumnas para conformar o pórtico da entrada, lixeiramente atrasado, e unha fornela coa imaxe do patrón, ademais dunha ventá sobre a porta e dúas pilastras nas estremas da fachada con remate en pináculo.

No interior hai labras heráldicas dos Patiño, Caamaño e dos Lamas, ademais dunha imaxinería coa figura de San Vicente do Altar Maior realizada por Xosé Ferreiro.

 
Capela da Atalaia.

A capela da Nosa Señora da Misericordia, máis coñecida como capela da Atalaia, construíuse inicialmente no século XV, mantendo aínda elementos góticos, se ben foi reformada a finais do século XVIII e ampliada a finais do XIX coa construción da nave principal entre o presbiterio e a porta e das torres das campás e a sancristía na parte posterior.

Está formada por unha soa nave rectangular, cuberta por bóveda de canón apoiada en muros de carga de cantería. Aos pés da nave leva o coro ao que se accede por unha escaleira de pedra no interior do muro esquerdo.

A capela maior é de planta cadrada co piso a maior altura có do corpo central e con bóveda de cruzaría. Ten unha capela no lateral esquerdo dende a que se accede á sancristía. O retablo da capela maior é de cinco vans e leva á Nosa Señora da Misericordia no central, acompañada de San Domingos, San Pedro, San Francisco e San Roque.

 
Capela de Loreto.
 
Cruceiro da capela de Santa María de Loreto.

A capela da Nosa Señora de Loreto data do século XIX. É unha pequena ermida de planta rectangular cunha soa nave coa capela na cabeceira de menor ancho e proporcións cadradas, cunha sancristía no lateral dereito do presbiterio, con acceso desde o exterior. Os muros son de cantería, e neles ábrense dúas pequenas fiestras na nave principal e unha no presbiterio, ademais dunha entrada lateral a carón da sancristía. No interior ten un coro de madeira con escaleira de acceso apegada ao muro.

O exterior carece de ornamentación e a fachada principal componse dunha porta rectangular cunha pequena fiestra por riba. A fachada está enmarcada por dúas molduras laterais a modo de pilastras que rematan en senllos pináculos. Conta cunha cornixa a dúas augas, interrompida no cumio pola plataforma da espadana, con dúas arcadas de medio punto rematadas en pináculos.

Diante da ermida hai un cruceiro de capeliña. A imaxe da Virxe do Loreto, dentro desa capeliña, dá nome a este tipo de cruceiros (cruceiros de loreto).

Noal na literatura popular editar

  • Miña nai non me casedes/ nese portiño do Son,/ que están os demos metidos/ nas covas de Fonforrón [2].

Lugares e parroquias editar

Lugares de Noal editar

Lugares da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son

Agrelo | A Becha | Bornas | Cabanela | Cabeiro | Castelo | O Catadoiro | Laranga | As Laxelas | As Laxes | Loreto | Moreiras | Noal | O Outeiro | Pena Abelleira | As Pitas | Porto do Son | Suigrexas | A Tarela | O Tendedeiro | Torón | Xío

Parroquias de Porto do Son editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Fonforrón é unha praia da parroquia de Noal, en Porto do Son. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 216. No orixinal: cobas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar