Caamaño, Porto do Son

parroquia civil do concello de Porto do Son

Santa María de Caamaño[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o INE[2], en 2020 tiña 550 habitantes (270 homes e 280 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación.

Caamaño
Igrexa parroquial
ConcelloPorto do Son[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°39′36″N 9°01′54″O / 42.66, -9.03166667Coordenadas: 42°39′36″N 9°01′54″O / 42.66, -9.03166667
Poboación550 hab. (2020)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

Igrexa parroquial

A igrexa parroquial é de estilo románico e barroco. A construción orixinal, do século XII, foi reformada no século XVIII, mantendo o presbiterio orixinal, de planta rectangular con cuberta de canón apoiada en arcos faixóns de medio punto sobre semicolumnas con capiteis de motivos vexetais. Conserva no muro do testeiro unha fiestra románica, de arco de medio punto con decoración xeométrica, apoiado sobre dúas columnas pequenas con capiteis florais. Unha dupla arcada apúntase polo exterior do presbiterio, no lateral dereito. No lateral esquerdo está a sancristía con acceso desde o interior, enriba da cal hai unha espadana de principios do século XIX. O resto da nave está cuberta con bóveda de canón sobre muros de cantería con capeliñas embebidas neles. O retablo é barroco.

No exterior hai unha escaleira apegada ao muro lateral dereito, que dá acceso ao campanario, cun apoio en tripla arcada de medio punto e remate en balaustrada que sobe pola cuberta até a espadana, de dous corpos superpostos, rematados con pináculos e bólas.

Capela da Pedra Furada

 
 

A Capela da Pedra Furada, adicada á advocación da Anunciación da Virxe María, é unha ermida de nave única e fachada con espadana dun arco. A entrada á mesma foi mudada de localización, pois antes estaba na cabeceira, cara ao Camiño Real. A ermida é símbolo da cristianización dunha antiga crenza de culto ás pedras.

Ao seu carón hai un cruceiro de capela.

Festividades

  • 20 e 21 de xaneiro: san Sebastián e a Sagrada Familia
  • Domingo de resurrección e luns de Pascua: romaría de Pedrafurada
  • Terceiro domingo de xullo: festa cabalar
  • 15 16 e 17 de agosto: festas patronais (Nosa Señora, san Roque e Virxe do Carme)
  • 8 e 9 de decembro: Inmaculada Concepción e santo Antón

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Caamaño

Lugares da parroquia de Caamaño no concello coruñés de Porto do Son

O Barrento | Caamaño | O Campanario | O Candeiro | A Capela | O Castelo | Corzo | A Cruz | As Cruzadas | Entre as Vías | Esparrelle | O Feal | O Fondón | O Grallal | A Lagoela | A Ponte | O Portal | As Pulidas | O Rosío

Parroquias de Porto do Son

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Véxase tamén

Outros artigos