Goiáns, Porto do Son

parroquia civil do concello de Porto do Son

San Sadurniño de Goiáns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 1.606 habitantes (809 homes e 797 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación.

Goiáns
Igrexa de San Sadurniño de Goiáns.
ConcelloPorto do Son[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°45′28″N 8°56′41″O / 42.75777778, -8.94472222Coordenadas: 42°45′28″N 8°56′41″O / 42.75777778, -8.94472222
Poboación1.606 hab. (2020)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial é de estilo barroco. Construída no século XVII, atravesou varias reformas a cargo da comunidade catalá establecida na parroquia con industrias conserveiras.

Ten unha soa nave, de proporcións cadradas. Recentemente engadíuselle o coro aos pés. Na cabeceira sitúase a capela maior, con bóveda de canón rebaixada sobre muros de cachotería de pedra. Esta capela maior pertencera xa á antiga igrexa, moito máis estreita.

Ten apegada ao lateral dereito unha sancristía de menor altura que o resto da nave. No exterior tapouse o aspecto orixinal cun aplacado de pedra. A fachada é sinxela, cunha porta e unha fiestra por riba, con cornixa a dúas augas rematada nunha pequena espadana. O campanario foi colocado de forma illada preto da igrexa cando esta foi reconstruída.

No seu interior consérvase un sarcófago do século V.

Goiáns na literatura popular editar

  • As mociñas de Goiáns/ a todas lles cai o pelo/ que lle caeu o resío/ na fontiña de Sequelo [2].
  • As mociñas de Goiáns/ fixeron o río Novo/ para lavar o refaixo/ que c... polo rodo [3].

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Goiáns editar

Lugares da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Porto do Son

O Alto de Olveira | Beneso | O Campanario | O Castro | Eiravedra | Freixedo | A Igrexa | Mantoño | O Mariño | As Moas | A Mótega | Portosín | O Pozo | A Richoliña | O Salgueirón | A Silva | Valcunqueiro

Parroquias de Porto do Son editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171. Recollida en [[Lampón, Boiro|Lampón]}], parroquia de Boiro, concello limítrofe con Porto do Son, ó que pertence Goiáns. Estas dúas parroquias non son lindeiras.
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar