Lionel
Lionel é o irmán máis novo de Bors, fillos de Bors de Gaunes, na historia do rei Artur. Ademais, Lionel é primo de Lanzarote do Lago e de Heitor de Maris.
Lionel | |
---|---|
![]() Bors escolle salvar unha doncela no canto do seu irmán Lionel | |
Tipo | personaxe lendario ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cabaleiro ![]() |
Familia | |
Irmá/n | Bors ![]() |
[ Wikidata ] |
Cando seu pai pereceu nunha batalla contra o rei Claudas, a Dama do Lago rescatou os irmáns Bors e Lionel, levándoos para crialos no seu reino somerxido, xunto con Lanzarote. Como o resto da súa familia, Lionel convértese nun cabaleiro da Mesa Redonda en Camelot.
Cando comeza a guerra entre Artur e Lanzarote, Lionel toma partido polo seu primo e acompáñao no seu exilio en Francia, onde se converte en rei de Gaunes. Tras a batalla de Camlann, Lanzarote e os seus primos Bors e Lionel regresan a Inglaterra e combaten contra o que quedou do exército de Mordred. Nestes combates, Melehan (o fillo de Mordred) mata a Lionel.