Maleagant
Maleagant, tamén coñecido como Meleagant ou Malagant, é un vilán e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. Orixinalmente foi un cabaleiro da Táboa Redonda e fillo do rei Bagdemagus de Gorre, mais o seu recoñecemento vénlle por ser o cabaleiro que secuestra á raíña Xenevra. A personaxe de Maleagant suponse que ten a súa orixe en Melwas, o vilán das primeiras versións galesas, quen tamén captura a Xenevra e a leva para a súa fortaleza en Glastonbury.
Maleagant | |
---|---|
Tipo | personaxe humano de ficción e personaxe lendario ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Inimigo/a | Lancelot ![]() |
Familia | |
Pai | Bagdemagus ![]() |
[ Wikidata ] |
A súa primeira aparición na literatura medieval foi no libro Lancelot, o Cabaleiro da Carreta por Chrétien de Troyes, no que se relata como leva a Xenevra para o seu castelo. A raíña é rescatada por Lanzarote do Lago e Gauvain, sendo esta a primeira aparición de Lancelot na lendas artúricas.
Porén, o papel de Maleagant diminuíu en importancia despois de que Mordred adquirise máis popularidade e tornase a ser unha das personaxes principais. Aínda así, Maleagant aparece na maioría das historias do rapto de Xenevra.