Argumento
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
O argumento en lóxica
editarEn lóxica, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento. Un argumento está formado por enunciados que enlazan entre si, de maneira que un deles, denominado "conclusións", aparece como resultado dos demais, chamados "premisas" do argumento. No seguinte exemplo de argumento, os dous primeiros enunciados son as premisas e o terceiro é a conclusión que "deriva" ou "se deduce" daqueles:
"Tódolos humanos son animais e tódolos animais son mortais. Xa que logo, tódolos humanos son mortais".
O argumento en lingüística
editarO argumento, para os lingüistas transformacionais, é o participante que intervén no acontecemento do predicado. Os adxuntos ou circunstanciais non son argumentos porque son opcionais, non os necesita o predicado.
O argumento en narratoloxía
editarO argumento en narratoloxía é o resumo da historia, unha síntese que respecta a orde temporal dos sucesos narrados.
Este concepto oponse a trama, pois a trama sintetiza o relato, respectando a orde textual.
O argumento en matemáticas
editarEn matemáticas, un argumento dunha función é un valor proporcionado para obter o resultado da función. Tamén se di variábel independente e indeterminado.
Tamén se pode referir a unha función dos números complexos que devolve o ángulo polar dun número complexo