Rap
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario O Breixo (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 2 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
O Rap é unha forma musical vocal que incorpora "rima, ritmo e uso da fala vernácula".[1] É interpretado ou cantado, xeralmente sobre un ritmo base ou acompañamento musical.[1] Os compoñentes do rap inclúen content (contido, o que se está a dicir, as letras), flow (ritmo, rima) e delivery (cadencia, ton).[2] O rap é o ingrediente principal da música hip hop normalmente asociado a ese xénero; con todo, as orixes do rap son anteriores á cultura hip hop por moitos anos.
Os precursores do rap moderno inclúen a tradición griot de África Occidental,[3] certos estilos vocais de blues,[4] o jazz,[5] un xogo de insultos afroamericano chamado play the dozens[6] e a poesía afroamericana da década de 1960.[7] O uso do rap na música popular orixinouse no Bronx, Nova York, na década de 1970, xunto co xénero hip hop e o movemento cultural.[8] O rap desenvolveuse a partir do papel do MC nas festas dentro do movemento cultural, que animaba e entretería aos invitados entre os sets do DJ, que cada vez se converteron en actuacións máis longas, nas que o DJ acabaría por desaparecer.
O rap adoita ofrecerse nun ritmo, normalmente proporcionado por un DJ ou un beatboxer cando actúa en directo. O rapeiro pode decidir interpretar a capela, é dicir, sen acompañamento de ningún tipo, aínda que isto é pocuo común. Cando un artista de rap ou hip hop está a crear unha canción nun estudo de produción, a maioría das veces o produtor proporciona os ritmos para que o MC rapee sobre eles. Estilisticamente, o rap ocupa unha zona gris entre a fala, a prosa, a poesía e o canto.[9]
A palabra, que é anterior á forma musical, orixinalmente significaba "golpear lixeiramente",[10] e agora úsase para describir un discurso rápido ou a contestación ou resposta.[11] A palabra usábase en inglés británico desde o século XVI. Formaba parte do dialecto afroamericano do inglés na década de 1960 que significa "conversar", e pouco despois pasou a denotar o estilo musical.[12] A palabra "rap" está tan estreitamente asociada á música e a cultura hip hop que moitos escritores usan os termos indistintamente.
HistoriaEditar
Etimoloxía e usoEditar
O verbo inglés rap ten varios significados; estes inclúen "golpear, especialmente cun golpe rápido ou lixeiro", así como "proferir un insulto de maneira repentina".[10] O Shorter Oxford English Dictionary dá a data de 1541 para o primeiro uso rexistrado da palabra co significado "proferir (especialmente un xuramento) bruscamente, vigorosamente ou de súpeto".[13] O Dictionary of American Slang de Wentworth e Flexner dá o significado "falar de ou recoñecer a alguén" en 1932, e posteriormente de "conversar, especialmente de forma aberta e franca".[14] Estes conceptos influenciarían a forma musical rapping, tamén podería ter sido un acurto de repartee,[15] agudeza ou humor intelixente. Un rapper ou "rapeiro" refírese a un intérprete que "rapea", raps. A finais da década de 1960, cando Hubert G. Brown cambiou o seu nome a H. Rap Brown, o rap era un termo argot que se refería a unha oración ou discurso, como era común entre a multitude "hip" nos movementos de protesta, pero non se asociou cun estilo musical ata pasada outra década.[16]
O rap utilizouse para describir falar en discos xa en 1970 no álbum de Isaac Hayes ... To Be Continued co nome da canción "Monologue: Ike's Rap I".[17] "Os 'raps' sexys falados con voz ronca de Hayes convertéronse en compoñentes clave do seu son característico".[18] Del the Funky Homosapien afirmou que o rap usábase para referirse a falar dun xeito estilístico a principios dos anos 70:
"Nacín no 72... daquela o que significaba rapear, basicamente, eras ti intentando transmitir algo, ti intentando convencer a alguén. Iso é o que significa rapear, está na forma na que falas."[19]
RaícesEditar
Pódense observar semellanzas co rap nas tradicións populares de África Occidental. Séculos antes de que existise a música hip hop, os griots xa estaban entregando historias rítmicamente, sobre batería e instrumentación escasa. Tales semellanzas foron observadas por moitos artistas modernos, griots modernos, artistas spoken word, periodistas e académicos.[20][21] As letras e a música rap forman parte do "continuum retórico negro", continuando as tradicións pasadas e expandíndoas a través do "uso creativo da linguaxe e dos estilos e estratexias retóricas".[22]
O blues, coa súa orixe nos cantos epirituais e de traballo da escravitude, foi interpretado por primeira vez polos afroamericanos na época da Proclamación de Emancipación.[23][24][25][26][27] Os estudosos rastrexaron o estilo de rap creado polos afroamericanos ata a igrexa negra e a cultura da chamada e resposta. Os predicadores negros de principios do século XX tiñan unha forma rítmica de predicar para atraer ao público mediante parábolas e historias persoais interpretadas sobre música gospel. Esta forma de predicar, exclusiva dos afroamericanos, chamada tradición sermónica negra, influíu en cantantes e músicos como o grupo de gospel afroamericano dos anos 40 The Jubalaires.[28][29][30] As cancións dos Jubalaire The Preacher and The Bear[31] (1941) e Noah[32] (1946) son precursoras da música rap. Os Jubalaires e outros grupos de canto afroamericano durante a era do blues, o jazz e o gospel son exemplos das orixes e desenvolvemento da música rap. O músico e historiador de blues gañador dun Grammy Elijah Wald e outros argumentaron que o blues estaba sendo rapeado xa na década de 1920.[33][34] Wald chegou a chamar ao hip hop "o blues vivo".[33] Un notable exemplo grabado de rap no blues foi a canción de 1950 Gotta Let You Go de Joe Hill Louis.[4]
Os estudosos tamén rastrexaron a orixe do rap a unha tradición afroamericana chamada play the dozens. As ducias é un xogo de insultos rimados onde os competidores se insultan entre eles e aos membros das súas familias. Costume común no rap e no hip-hop, como as batallas de galos freestyle actuais.[6][35]
O jazz, que se desenvolveu a partir do blues e doutras tradicións musicais afroamericanas e europeas a principios do século XX, tamén influíu no hip hop e foi citado como un precursor do hip hop. Non só música e letras de jazz senón tamén a poesía do jazz. Segundo John Sobol, o músico de jazz e poeta que escribiu Digitopia Blues, o rap "ten un gran parecido coa evolución do jazz tanto estilística como formalmente".[5] O boxeador Muhammad Ali anticipou elementos do rap, empregando moitas veces esquemas de rima e poesía falada, tanto para cando falaba lixo no boxeo como de poesía política polo seu activismo fóra do boxeo, abrindo o camiño para The Last Poets en 1968, Gil Scott-Heron en 1970, e a aparición da música rap na década de 1970.[36][37][38][7] Un editor do xornal, The Fayetteville Observer entrevistou a Bill Curtis do grupo de música disco-funk Fatback Band en 2020. Curtis sinalou que cando se mudou ao Bronx nos anos 70 escoitou a xente rapear sobre música DJ por todos os barrios e na radio, moito antes de que o xénero fose explotado en ventas. A Fatback Band lanzou a primeira gravación de rap King Tim III (Personality Jock) unhas semanas antes de Sugarhill Gang en 1979.[39] Noutra entrevista Curtis dixo:
"Había rap no Bronx e os gatos de alí levábano facendo dende había un tempo... Fatback certamente non inventou o rap nin nada. Eu estaba interesado nel e creo que anos despois eramos os primeiros en gravalo. Daquela xa se podían ver gatos rapeando por todas partes, polas rúas e facendo cousas".[40]
Co declive da discoteca a principios dos 80 o rap converteuse nunha nova forma de expresión. O rap xurdiu da experimentación musical coa fala rítmica e rimada. O rap simbolizou a caída da discoteca. Sherley Anne Williams refírese ao desenvolvemento do rap como "anti-disco" en estilo e en medios de reprodución. As primeiras producións de rap despois da música disco buscaron unha forma máis simplificada de producir os temas sobre os que se ía cantar. Williams explica como os compositores de rap e os DJ's opuxéronse ás multipistas moi orquestradas e elegantes da música disco a cambio de "break beats" que se crearon a partir da compilación de diferentes discos de numerosos xéneros e non requirían os equipos de estudios de gravación profesionais. Ao non precisar tanta inversión abriuse a produción de rap aos mozos que, como explicou Williams, sentíanse limitados polo capital necesario para producir discos.[41]
Relacionados máis directamente coa comunidade afroamericana estaban elementos como cánticos e burlas no patio da escola, xogos de palmas,[42] rimas para saltar á corda, algunhas con historias populares non escritas que se remontan a centos de anos en moitas nacionalidades. Ás veces, estes elementos conteñen letras racialmente ofensivas.[43]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Lynette Keyes, Cheryl (2004). "Rap Music and Street Consciousness". University of Illinois Press.
- ↑ Edwards, Paul (2009). How to Rap: The Art & Science of the Hip-Hop MC. Chicago Review Press. ISBN 978-1-55652-816-3.
- ↑ Charry, Eric (2012). Hip Hop Africa: New African Music in a Globalizing World. Indiana University Press. pp. 79–80. ISBN 978-0-253-00575-5.
- ↑ 4,0 4,1 Ruttenberg, Jay (2008). "The Roots of Hip Hop: From Church to Gangsta". Time Out New York.
- ↑ 5,0 5,1 Sobol, John (2002). Digitopia Blues. Banff Centre Press. ISBN 978-0-920159-89-7.
- ↑ 6,0 6,1 L. Smith, Alvin (2014). "Not just Yo' Mama but Rap's Mama: The Dozens, African American Culture and the Origins of Battle Rap". U.S. Studies Online.
- ↑ 7,0 7,1 Louis Gates, Henry (2016). "Muhammad Ali, the Political Poet". The New York Times.
- ↑ Hoffmann, Frank (2007). Rhythm and Blues, Rap, and Hip-Hop (American Popular Music). Checkmark Books. p. 63. ISBN 978-0-8160-7341-2.
- ↑ Kovacs, Karl (2014). From Grassroots to Comercialization: Hip Hop and Rap Music in the USA. Anchor Academic Publishing. ISBN 9783954892518.
- ↑ 10,0 10,1 "rap". dictionary.reference.com. Consultado o 2023.
- ↑ Oxford English Dictionary
- ↑ Safire, William (1992). "On language; The rap on hip-hop". The New York Times Magazine.
- ↑ Shorter Oxford English Dictionary (3a ed.). 1970. p. 1656.
- ↑ Wentworth, Harold; Berg Flexner, Stuart (1975). Dictionary of American Slang (2a ed.). pp. 419 e 735.
- ↑ Webster. Third New International Dictionary. Unabridged.
- ↑ "rap". dictionary.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Isaac Hayes - ...To Be Continued Album Reviews, Songs & More". allmusic.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Black Moses – Isaac Hayes | Songs, Reviews, Credits, Awards". allmusic.com. Consultado o 2023.
- ↑ Edwards, Paul (2013). "Gift of Gab". How to Rap 2: Advanced Flow and Delivery Techniques, Chicago Review Press: 98.
- ↑ Pollard, Lawrence (2004). "BBC News: Africa". BBC.
- ↑ "PBS lesson plan on the blues". pbs.org. Consultado o 2023.
- ↑ Baruti, Kopano (2002). "Rap Music as an Extension of the Black Rhetorical Tradition: 'Keepin' It Real'". The Western Journal of Black Studies 26 (4). ISSN 0197-4327.
- ↑ "Roots of African American Music". Smithsonian Music. Consultado o 2023.
- ↑ Tamberrino, Anthony (2016). "Responses to African-American Music During the Civil War". Virginia Lucas Poetry Scrapbook.
- ↑ "Slave Shout Songs from the Coast of Georgia". Smithsonian Folkways Recordings. Consultado o 2023.
- ↑ "Music Galleries". National Museum of African American Music. Consultado o 2023.
- ↑ "African American Spirituals". Library of Congress. Consultado o 2023.
- ↑ Warner, Jay (2006). American singing groups : a history from 1940s to today. Hal Leonard Corp. ISBN 9780634099786.
- ↑ Savant (2020). Becoming an Emsee The 7 Principles of Rap. Diasporic Africa Press. ISBN 9781937306694.
- ↑ Rosalsky (2002). Encyclopedia of Rhythm & Blues and Doo-Wop Vocal Groups. Scarecrow Press. pp. 340, 391. ISBN 9780810845923.
- ↑ "The Jubalaires - The Preacher and The Bear". youtube.com. Consultado o 2022.
- ↑ "The Jubalaires 'Noah". youtube.com. Consultado o 2022.
- ↑ 33,0 33,1 "Hip Hop and Blues". elijahwald.com. Consultado o 2005.
- ↑ "The Roots of Rap". yazoorecords.com. Arquivado dende o orixinal o 2006. Consultado o 2005.
- ↑ Wald, Elijah (2012). Talking 'Bout Your Mama The Dozens, Snaps, and the Deep Roots of Rap. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-994283-1.
- ↑ Wiggs (2008). "The last poets (1968-)". Black Past.
- ↑ "The Last Poets - When The Revolution Comes". youtube.com. Consultado o 2022.
- ↑ Pelton (2007). "Rap/Hip hop". Black Past.
- ↑ Futch, Michael (2020). "The first rap record didn't come from the Sugarhill Gang. It came from Fayetteville's Bill Curtis and his Fatback Band". The Fayetteville Observer.
- ↑ "The Fatback Band: 'Everything was just raw energy". The Guardian. Consultado o 2022.
- ↑ Wallace, Michele (1992). Black Popular Culture. Bay Press. pp. 164–167. ISBN 978-1-56584-459-9.
- ↑ Gaunt, K. D. (2006). "The games black girls play: learning the ropes from Double-dutch to Hip-hop". New York University Press.
- ↑ "Chants". beachnet.com. Arquivado dende o orixinal o 2021. Consultado o 2012.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rap |
Outros artigosEditar
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |