Spoken word (literalmente en galego: palabra falada) refírese a unha actuación poética oral, tamén utiliza elementos musicais e teatrais. En xeral, céntrase na representación da palabra como tal, o ton, a entoación, o ritmo, os xestos e a expresión facial, entre outros. Mestura o discurso narrativo con improvisación e recursos poéticos como rima, xogos de palabras, repeticións, etc. Spoken word é un termo xeral que inclúe calquera tipo de poesía recitada en voz alta, incluídas as lecturas de poesía, os slams de poesía, a poesía de jazz e a música hip hop, e pode incluír rutinas de comedia e monólogos en prosa.[1] A diferenza da poesía escrita, depende máis da eufonía, ou da estética do son.

Notas editar

  1. Hirsch, Edward (2014). A Poet's Glossary. Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0151011957.