Kanye West

Kanye Omari West, nado o 8 de xuño de 1977 en Atlanta, é un produtor musical e rapeiro estadounidense. O seu primeiro álbum foi The College Dropout en 2004, seguíronlle Late Registration en 2005, Graduation en 2007 e 808s & Heartbreak en 2008. Todos eles recibiron premios, logrou doce Premios Grammy, recoñecemento da crítica e todos eles constituíron grandes éxitos comerciais.

Kanye West
Kanye West at the 2009 Tribeca Film Festival-2 (cropped).jpg
Nome completoKanye Omari West
AlcumeYeezy, The Louis Vuitton Don, yeezus e Ye
Nacemento8 de xuño de 1977
 Atlanta
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
RelixiónEvangelic
Alma máterChicago State University, American Academy of Art e Polaris High School
Ocupacióncantante, director de cinema, blogueiro, rapeiro, empresario, gastrónomo, compositor de cancións, produción musical, actor, deseñador de moda, político, artista e arquitecto
PaiRay West
NaiDonda West
CónxuxeKim Kardashian
FillosNorth West, Saint West, Chicago West e Psalm West
PremiosBET Award for Best New Artist, BET Award for Best Male Hip-Hop Artist, BET Award for Video of the Year, BET Award for Video of the Year, BET Award for Best Group, Billboard Music Award for Top Rap Artist, Favorite Rap/Hip Hop Artist, American Music Award for Favorite Rap/Hip-Hop Album, Grammy Award para Best Rap Song, Grammy Award para Best Rap Album, Grammy Award para Best R&B Song, Grammy Award para Best Rap Song, Grammy Award para Best Solo Rap Performance e Grammy Award para Best Rap Album
editar datos en Wikidata ]

West creceu en Chicago, seu pai Kay West era membro das Panteras Negras e a súa nai Dora era profesora de inglés na Universidade de Chicago. Mentres acudía ó instituto xa producía para artistas locais, xa antes de se dar a coñecer como cantante era un coñecido produtor da Roc-A-Fella Records a partir do seu traballo no álbum de Jay-Z The Blueprint e en sinxelos de artistas como Alicia Keys, Ludacris e Janet Jackson. En 2004 West funda o seu propio selo discográfico GOOD Music, producindo para artistas como John Legend, Common e outros menos coñecidos como Consequence, GLC ou Fonzworth Bentley.

Na actualidade está casado con Kim Kardashian e a parella ten tres fillos.