Kim Kardashian

empresaria e modelo estadounidense

Kimberly Kardashian West, coñecida como Kim Kardashian nada nos Ánxeles o 21 de outubro de 1980, é unha empresaria e personaxe pública estadounidense. A súa fama aumentou a partir de xaneiro de 2011 coa estrea de Kourtney and Kim Take New York, un reality show que compartiu coa súa irmá Kourtney Kardashian, mentres deixaban Os Ánxeles para abrir a súa terceira tenda DASH en Nova York. En 2010, foi unha das famosas con máis ganancias, estimadas en seis millóns de dólares estadounidenses. Lanzou múltiples fragrancias e accesorios, foi estrela convidada en destacados programas de televisión (entre eles The Oprah Winfrey Show), competiu en Dancing with the Stars e tivo papeis en películas como Disaster Movie e Deep in the Valley. En 2010, xunto coas súas irmás Kourtney e Khloé Kardashian, lanzou unha autobiografía, Kardashian Konfidential. Foi nomeada a celebridade que máis contaminación ambiental xera, polos seus voos privados.[1]

Infotaula de personaKim Kardashian

Kardashian no 2019.
Biografía
Nacemento(en) Kimberly Noel Kardashian Editar o valor em Wikidata
21 de outubro de 1980 (43 anos)
Os Ánxeles, California
Datos persoais
ResidenciaCalabasas (pt) Traducir
Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoArmenoamericano, Neerlando-americano (pt) Traducir, Anglo-americano (pt) Traducir, irlandoamericano e escocés-americano Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMarymount High School (en) Traducir (–1998)
Marsiling Secondary School (en) Traducir
The Buckley School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura159 cm Editar o valor em Wikidata
Peso52 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño e pelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCelebridade Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndeseñador de moda , actriz , produtora de televisión , actriz de dobraxe , celebridade , emprendedora , modelo , blogueira , socialité , modelo erótica Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e inglés estadounidense Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado85.000.000 $ (2015) Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamília Kardashian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeKanye West (2014-presente)
ParellaPete Davidson (pt) Traducir (2021–2022)
Reggie Bush (pt) Traducir (2007–2009)
Nick Cannon (pt) Traducir (2006–2007)
Nick Lachey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Fillos3
PaisRobert Kardashian Editar o valor em Wikidata  e Kris Jenner Editar o valor em Wikidata
IrmánsKourtney Kardashian, Khloé Kardashian, Rob Kardashian, Kylie Jenner e Kendall Jenner Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webskknbykim.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2578007 Allocine: 212918 Rottentomatoes: celebrity/kim_kardashian_west Allmovie: p526308 Metacritic: person/kim-kardashian TV.com: people/kim-kardashian
Facebook: kimkardashian Twitter: KimKardashian Instagram: kimkardashian Snapchat: kimkardashian Youtube: UCeNhHgTE36tTQkJsjPaPwnA TikTok: kimkardashian Spotify: 0VyNiaUWxot9V0efpoi0qt Last fm: Kim+Kardashian Musicbrainz: b13c7b85-86bf-41d0-baa7-444f03ec0b38 Songkick: 3161471 Allmusic: mn0003178565 WikiTree: Kardashian-4 Genius: Kim-kardashian Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Kim Kardashian é filla do avogado Robert Kardashian e de Kris Jenner. Kim é de orixe armenia por parte de pai, os seus bisavós paternos emigraron ós Ánxeles xusto antes do xenocidio, e a súa bisavoa é turca de orixe armenia. A súa nai Kris ten ascendencia inglesa, escocesa, irlandesa e neerlandesa. Ten dúas irmás e un irmán, Kourtney Kardashian, Khloé Kardashian e Rob Kardashian e dúas medio-irmás por parte de nai, Kendall Jenner e Kylie Jenner.

Asistiu a Marymount High School coas súas dúas irmás. No tempo dos seus estudos na escola secundaria, traballou na firma de música de seu pai, Movie Tunes.

Familia editar

Kim estivera dúas veces casada antes de casar co cantante de rap Kanye West en 2014. Teñen 3 fillos xuntos:

  • North West (2013)
  • Saint West (2015)
  • Chicago West (2018)

O pai de Kim, Robert Kardashian foi un famoso avogado e empresario, amigo de O. J. Simpson coñecido por ser un dos seus avogados defensores nos anos 90.[2]

Polémicas editar

Alén de varias críticas sobre a súa vida privada e a relación con Kanye West, viuse envolta noutras polémicas:

Fotografías e imaxe editar

Kardashian foi criticada en varias ocasións por retocar as súas fotografías nas redes sociais e promover estándares de beleza inalcanzábeis. Foi criticada tamén por someterse a unha dieta extrema para meterse nun vestido de Marilyn Monroe.[3]

Contaminación editar

Kim Kardashian atopouse no centro dunha polémica relativa á contaminación ambiental cando foi catalogada por celebrityflight.com como a celebridade cunha maior emisión de CO2, debido ao seu uso extensivo de voos privados, por diante de Elon Musk.[1]

Notas