Kendall Jenner
Kendall Nicole Jenner, nada nos Ánxeles o 3 de novembro de 1995, é unha personalidade de televisión e modelo estadounidense.
Traxectoria
editarDende 2007 protagonizou o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.[1][2] No 2009, aos 14 anos, comezou a súa carreira de modelo. Posa e desfila para diversas marcas e no 2017 foi nomeada a modelo mellor pagada segundo Forbes, destronando así a quen levaba liderando a lista por máis dunha década, Gisele Bündchen.
Familia
editarO seu pai é o medallista olímpico Bruce Jenner, agora Caitlyn Jenner despois do seu cambio de sexo, e a súa nai é Kris Houghton. Ten unha irmá máis nova, Kylie e catro medio-irmáns do primeiro matrimonio da súa nai, (Kourtney, Kim, Khloé e Rob).
Kendall estivo relacionada sentimentalmente no pasado con celebridades coma Drake, Justin Bieber ou Harry Styles. En 2018 comezou unha relación co xogador de baloncesto Ben Simmons.[3]
Notas
editar- ↑ "E!'s "Kourtney & Kim Take Miami" Follows the Sisters to the Tropical Climate of Miami When the Series Premieres January 2013". www.thefutoncritic.com. Consultado o 2021-03-16.
- ↑ "Look Out, New York: Here Comes E!'s New Kardashian Show". E! Online. Mon Oct 04 23:31:00 GMT+0 2010. Consultado o 2021-03-16.
- ↑ "Kendall Jenner confirma su relación con un jugador de la NBA". Record.com.mx (en castelán). 2019-02-09. Consultado o 2022-12-11.