Robert Kardashian
Robert George Kardashian, nado nos Ánxeles o 22 de febreiro de 1944 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 2003, foi un avogado estadounidense, coñecido como un dos avogados e amigo de O. J. Simpson, durante o xuízo no que o ex xogador foi acusado de dous homicidios en 1995. É pai de Kourtney Mary Kardashian, Kimberly Noel Kardashian, Khloé Alexandra Kardashian e Robert Arthur Kardashian, produto do seu matrimonio con Kris Houghton.
Robert Kardashian | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1944 |
Lugar de nacemento | Os Ánxeles |
Falecemento | 30 de setembro de 2003 |
Lugar de falecemento | Os Ánxeles |
Causa | cancro do esófago |
Soterrado | Inglewood Park Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | armenoamericano |
Alma máter | Universidade do Sur de California, USC Marshall School of Business, Susan Miller Dorsey High School, University of San Diego School of Law e University of San Diego |
Ocupación | avogado, emprendedor e xurista |
Cónxuxe | Kris Jenner e Ellen Pierce |
Fillos | Kourtney Kardashian, Kim Kardashian, Rob Kardashian e Khloé Kardashian |
Coñecido por | Caso O.J. Simpson |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Robert era de ascendencia armenio-estadounidense. Proviña dunha familia de clase alta dos Ánxeles, (California), dedicada aos sectores cárnico e lácteo. Kardashian obtivo o seu Juris Doutor da Universidade de San Diego e practicou durante unha década; despois diso, entrou nos negocios. Cando presentou o caso de O. J. Simpson en 1995, pasaran máis de 20 anos desde que Kardashian comezara a exercer a avogacía.
Caso O. J. SimpsonEditar
Kardashian e Simpson coñecéronse a comezos de 1970 e fixéronse amigos próximos. Kardashian deixou que a súa licenza para exercer a avogacía estivese inactiva durante tres anos antes do caso Simpson. Reactivou a súa licenza no seu equipo legal. Sentou xunto a Simpson ao longo do xuízo.[1]
Simpson quedou na casa de Kardashian durante os días seguintes ao asasinato de Nicole Brown Simpson e Ronald Goldman. Kardashian foi visto levando a bolsa de pezas de vestir que Simpson levou postas desde Chicago. Os fiscais especularon que a bolsa podía conter a roupa con sangue de Simpson ou a arma do crime. Simpson entregouse ás 11 da mañá o 17 de xuño de 1994, e Kardashian leu unha carta escrita por Simpson para os medios, interpretada por moitos como unha carta de suicidio.[2]
MorteEditar
Kardashian morreu o 30 de setembro de 2003, debido a un cancro de esófago.[3] Tiña 59 anos de idade no momento da súa morte. Ademais da súa esposa, ex-esposa, e fillos, sobrevívenlle a súa nai e irmáns.
NotasEditar
- ↑ "Obituary: Robert Kardashian".
- ↑ "From the couch: O.J.'s legacy continues". Fox Sports. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 10 de xuño de 2018.
- ↑ "Former O.J. Simpson lawyer, Kardashian, dies". CNN.