John Legend
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
John Legend, nado en Springfield, Ohio, o 28 de decembro de 1978, é un cantante de R&B, compositor e pianista, gañador de nove premios Grammy e cunha estrela no Songwriters Hall of Fame. En 2004 lanzou o seu álbum de estrea Get Lifted.
John Legend | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | John Roger Stephens |
Data nacemento | 28 de decembro de 1978 (44 anos) |
Nado en | Springfield |
Cónxuxe | Chrissy Teigen |
Fillos | Luna Stephens e Miles Stephens |
Ocupación | Cantante, compositor, pianista |
Xénero | R&B, soul, pop |
Instrumento(s) | Voz, piano |
Selo(s) discográfico(s) | G.O.O.D Music, Sony BMG |
Tempo en activo | Dende 2000 |
Pseudónimo | John Legend |
Na rede | |
http://www.johnlegend.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
BiografíaEditar
Na facultade participou nun grupo de jazz chamado Counterparts. Terminou a facultade en 1999 e comezou a compor as súas propias cancións e gravou dous álbums independentes que eran vendidos nos seus concertos: "John Stephens" (2000) e "Live at Jimmy Uptown" (2001). Fixo intervencións en álbums de cantantes como Alicia Keys e Jay-Z.
Tamén participou no álbum "How I Got Over (2010)" do grupo de rap americano, The Roots.[1]
DiscografíaEditar
- Get Lifted (2004)
- Once Again (2006)
- Evolver (2008)
- Wake Up! (2010)
- Love in the Future (2013)
NotasEditar
- ↑ The Roots e John Legend Arquivado 09 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Legend |